Vázquez: “Cometemos moitos erros, non foi tanto que nos castigase o rival ”

Vázquez: “Cometemos moitos erros, non foi tanto que nos castigase o rival ”
David Simón, uno de las novedades de Vázquez en el once| laliga

Fernando Vázquez analizou o empate ante o Real Oviedo, pero non quixo entrar en polémicas sobre o cam bio de Abdoulate Ba e o troco de sistema de cinco a catro defensas.

“A ninguén debería sorprenderlle o cambio de sistema tendo cinco recambios e índome o marcador mal. Podía facelo sen ir o marcador mal, pero iba moi a miña contra e decidín intervir no descanso. O equipo mellorou porque estaba mal antes de recibir os goles e despois de recibilos. Decidín cambiar e o equipo consegui reaccionar. De actuaciones personais decidín cambiar a Abdoulaye e Claudio, non teño por que dar as razóns de por qué ou non o cambie”, indicou.

De menos a máis

Recoñeceu co Deportivo non tentou ser protagonista, pero que estivo mellor a pesar de verse por debaixo no luminoso. “Cando un equipo vai por debaixo un equipo non ten nada que perder e parece que xoga mellor. Esa confianza que non ten as veces sae cando vai perdendo. Un equipo pasa a ser agresivo e outro conservador”, declarou Vázquez.

Recoñeceu que deuse conta co debuxo non funcionaba e que tamén pesaron os erros non forzados dos seus xogadores. “Repetín sistema, estructura de equipo, xa que non hai o factor campo, desapareceu da competición, e quería reafirmarme nesta situación, pero tivemos problemas. Cando saes así e para combatir o rival, cometemos moitos erros, non foi tanto que me castigase o rival”, recoñeceu.

Comentou, ademáis, que veu os seus pupilos moi nerviosos: “Penso que temos que xogar con máis tranquilidade. Cinco minutos do primeiro tempo e o meu equipo acabouse. Espero co equipo xogue con soltura, con confianza, con velocidade, sendo agresivo, xogando cara adiante, e o que espero e é o que entrenamos”, aclarou. Non obstante, despois dos encontros chegan as análises: “A realidade míroa despois dos partidos. Tiven dúas oportunidades de ver o que estivera adestrando no confinamiento, esas dúas semanas xa co equipo, que penso que tiña que funcionar pero que non está funcionado no equipo”, laiouse.

Tamén quixo sacarlle o positivo do empate no Tartiere: “Hai que ver de qué sirve este puntos se necesitamos 15 puntos, gañar 5 partidos. Este empate o único que valoro é que lle ganamos o golaveraje particular, pode ser un punto máis ó final da tempada”, recoñeceu o branquiazul. l

Vázquez: “Cometemos moitos erros, non foi tanto que nos castigase o rival ”

Te puede interesar