domingo 20/9/20

A selección galega volta a escena

 A selección galega absoluta de volta a escena o vindeiro venres 20 de maio cun partido internacional fronte a selección venezolana que disputará este mes de xuño a Copa América Centenario en Estados Unidos.

Imaxe do último encontro da selección galega absoluta en Riazor	archivo
Imaxe do último encontro da selección galega absoluta en Riazor archivo

A selección galega absoluta de volta a escena o vindeiro venres 20 de maio cun partido internacional fronte a selección venezolana que disputará este mes de xuño a Copa América Centenario en Estados Unidos.
Deste xeito, o presidente da FGF cumpre co anuncio realizado a finais do ano 2015, cando confirmou a disputa dun partido da selección galega no 2016. 
A confirmación deste encontro ven dada tras un enorme traballo realizado nos últimos meses por parte da FGF, que fructificou fai unhas semanas cun acordo coa Federación Venezolana de Fútbol, o cal non puido ser anunciado á espera da presentación do novo seleccionador venezolano, Rafael Dudamel, que foi confirmado onte en Caracas como novo director técnico da ‘Vinotinto’.

momento histórico
Desde un primeiro momento, a xunta directiva considerou como unha oportunidade histórica o regreso da selección galega absoluta, principalmente polo excelente nivel que están a mostrar os nosos futbolistas tanto nos principais equipos galegos como no resto dos clubs do fútbol español e do extranxeiro.
“Estamos posiblemente ante a mellor xeración de futbolistas galegos da historia do noso fútbol”, destaca o presidente da FGF, Rafael Louzán. 
Xogadores como Lucas Pérez, Pedro Mosquera, Álex Bergantiños, Iago Aspas, Hugo Mallo, Sergio Álvarez, Diego López, Denis Suárez, Iago Falqué, Joselu, Rodrigo, Roberto Trashorras, Lucas Vázquez, ou o internacional sub21 Jonny, son exemplos que reflexan o nivel da selección.
Louzán destaca tamén o gran momento que vive o noso fútbol, co Depor e Celta como grandes estandartes realizando unha magnífica campaña, e tamén o CD Lugo en Segunda División e moitos embaixadores do noso fútbol que temos repartido por todo o mundo.

Copa América Centenario
Durante a presentación do novo director técnico Rafael Dudamel, a Federación Venezolana confirmou que viaxará a Europa para xogar fronte a Galicia como parte da súa preparación para a Copa América Cententario, na que teñen depositadas moitas esperanzas, logo de ser semifinalistas na edición de 2011. Este ano a competición dispútase en Estados Unidos, e Venezuela quedou encadrada no grupo C con México, Uruguay e Jamaica.
Salomón Rondón, actualmente no West Bromwich Albion, ex do Málaga CF e do Zenit de San Petersburgo, lidera unha selección con xogadores de moito futuro, como Peñaranda do Granada, Juanpi do Málaga ou tamén futbolistas recoñecidos coma o dianteiro do Rayo Miku.

semana de festa
A data escollida pola FGF non é froito dunha casualidade. O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas, data que homenaxea a nosa cultura, e na mesma semana, tres días despois, celebraremos o gran día do fútbol galego con este encontro internacional.

Comentarios