Sete probas integran o calendario de este ano

O presidente da Deputación, Diego Calvo, presentou a terceira edición do Circuíto  Provincial de BTT-XC Deputación da Coruña que comezará este sábado no concello de Arteixo co X trofeo BTT do municipio.  
Nesta ocasión, o Circuíto incluirá sete carreiras, todas as que forman parte do calendario oficial da Federación na provincia (en toda Galicia hai dez). Entre as novidades deste ano atópase un Eliminator, unha proba que nunca se tiña celebrado en Galicia e que vai eliminando aos participantes ata que só queden os mellores. Finalmente, haberá un único gañador por categoría. Será o 18 de xullo como broche de ouro ao circuíto, e organizada polo Club Caimanes de Betanzos.
Calvo destacou o “tirón” que ten este deporte na provincia e o éxito deste circuíto dende que se creou en 2013, cunha media de 150 participantes en cada proba. “O que comezou como un proxecto piloto é xa unha proba máis dentro do calendario deportivo anual, unha proba fundamental”.
Neste sentido, o titular provincial declarou que precisamente por iso, “a institución provincial apostou por este deporte dende a chegada deste goberno á Deputación”, non só coa posta en marcha desta competición senón tamén con outras accións como a sinalización de 200 quilómetros de vías provinciais con prioridade para ciclistas ou o regreso de La Vuelta a España á Coruña.
Calvo estivo acompañado na presentación pola vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o seu director técnico, JGuillermo Sande. Ambos agradeceron o compromiso da Deputación e invitaron a todos a participar en cada unha das probas.

Sete probas integran o calendario de este ano

Te puede interesar