O peche do circuíto xa ten aberta a inscrición

O peche do circuíto xa ten aberta a inscrición
Os participantes na Carreira do Ventorrillo enfrontarán un percorrido moi atractivo | cdc

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento ven de abrir o prazo de inscrición para participar na VI Carreira Popular do Ventorrillo. 
A cita terá lugar o domingo 23 de setembro e suporá o peche da sexta edición do circuíto de carreiras populares Coruña Corre.  A proba da categoría absoluta, que comezará contra as 10.30 horas, presenta un circuíto de 5.585 metros con dúas voltas que combina treitos de asfalto con terra.
A saída e lugar de meta estará na rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruzamento con Alcalde Salorio Suárez. O grupo que participe na proba absoluta percorrerá, ademais do barrio do Ventorrillo, os lugares da Gramela, Visma, Penamoa e A Silva. No caso das carreiras de menores, que compartirán saída e meta, as probas desenvolveranse por Penamoa e A Silva, agás no caso da categoría prebenxamín, cuxos 100 metros serán no Ventorrillo.
A data límite de inscrición, que se pode formalizar a través de www.coruna.gal/carreiraspopulares , será o mércores 19 de setembro ás 23.59 horas.  Os dorsais poderanse recoller tanto o sábado 22, de 11.00 a 20.30 horas, como o propio domingo 23, desde as 09.00 até unha hora antes de cada carreira, no local da Asociación veciñal do Ventorrillo, na rúa Alcalde Salorio Suárez, 26. Tanto o servizo de gardarroupa como o de duchas estará dispoñible no polideportivo municipal da rúa Alcalde Peñamaría de Llano.

O peche do circuíto xa ten aberta a inscrición

Te puede interesar