O Salgado Perillo só puido ser sexto en A Guarda

O Salgado Perillo só puido ser sexto en A Guarda
A sorte non acompañou á tripulación oleirense durante a fin de semana m.g.

Antes do inicio da I Bandeira Robaleira, todo apuntaba a que o primeiro líder da Liga Galega B sairía da quenda dos favoritos na que remaban Salgado Perillo, Mecos-Mondariz, Morrazo, Robaleira e A Pobra.

O aumento considerable do vento, durante o transcurso da primeira quenda, provocou que saltase a sorpresa e fose Rianxo o que lograse a victoria nesta primeira regata puntuable da Liga “B”, convertendose así no primeiro líder da mesma.

Nesta primeira quenda participaban os catro últimos clasificados na regata do sábado, en Coruxo: Rianxo, Coruxo, Cesantes e Esteirana. O mal tempo fixo que para Mecos Mondariz, claro vencedor da tanda dos favoritos, fose imposible loitar pola victoria en augas de A Guarda, tendo que conformarse tan só coa terceira praza.

A tripulación de Salgado Perillo sufriu moito durante o transcurso da proba e tivo que conformarse coa terceira praza da quenda e a sexta posición na clasificación xeral.

Perdeu máis de corenta segundos con respecto ó gañador da súa quenda, a embarcación de Mecos Mondariz, e máis dun minuto con Rianxo, vencedor da proba.

A vindeira fin de semana, Salgado Perillo poderá resarcirse desta mala regata en A Guarda na I Bandeira A Mariña, en Viveiro. Disputarase a dobre xornada e nela participarán tantos as traiñeiras da Liga Galega B como as da Liga Galega A.

 

Remo olímpico

Por outro lado, os máis pequenos da entidade oleirense disputaron na localidade ourensana de Castrelo de Miño o Campionato Galego de remo olímpico.

Os rapaces colleitaron dúas medallas de ouro (dobre scull cadete e catro scull infantil masculinos), outro par de prata (catro scull cadete e skiff infantil masculinos) e outras tantas de bronce (skiff infantil e dobre scull cadete femininos). n

O Salgado Perillo só puido ser sexto en A Guarda

Te puede interesar