O Concello de Arzúa acolle mañán a penúltima proba

O Concello de Arzúa acolle mañán a penúltima proba
os participantes terán que afrontar dous segmentos de bicicleta de montaña ac

 

Mañán celebrarase no Concello de Arzúa o I Raid ‘Destino Verde’-Concello de Arzúa, proba valedeira para a VIII Liga Galega de Raids de Aventura.

Esta é a sexta proba das sete que compoñen o campionato (Xermade, Somozas, Ferrol, Negreira, Ordes, Arzúa e Pontevedra), polo que participarán equipos das catro provincias galegas. Nesta ocasión están inscritos 61 conxuntos, un total de 180 participantes, repartidos nas categoría élite (tres corredores sempre en carreira) e aventura (dous corredores sempre en carreira e un relevo-asistencia).

A saída en masa terá lugar ás 10 da mañá dende a Praza da Feira de Arzúa, lugar neurálxico da proba. Os participantes terán ata as oito da tarde para pasar polos lugares de control (balizas) que a organización (Club Bombeiros Coruña) ten por todo o concello de Arzúa.

A proba consta de cinco seccións (dous trekkings, dous en bici de montaña e una de kaiak). Tamén teñen preparado para os participantes unha proba especial, na que terán que demostrar as habilidades que teñen para orientarse. Os participantes percorrerán, grazas a uns mapas e unha brúxula, os montes, pistas e ríos do Concello de Arzúa, disfrutando do encanto do contorno. En total, serán uns 85 quilómetros e uns 2000 metros de desnivel positivo de percorrido ‘ideal’ para pasar polos 45 puntos de control que a organización puxo por todo o concello.

No primeiro segmento de trekking, os deportistas terán que percorrer sete quilómetros, con 110 metros de desnivel positivo, mentras que no inicial de bici de montaña o traxecto é de 25 quilómetros, cun desnivel de 620 metros.

Logo serán sete quilóemetros en kaiak, para voltar á bici de montaña, nesta ocasión con 28 quilómetros e 820 metros de desnivel, e ó trekking, que porá o punto final con 17 quilómetros e 410 metros de desnivel. n

O Concello de Arzúa acolle mañán a penúltima proba

Te puede interesar