“Nunca vou discutir co presidente, xamais; é o meu xefe”

“Nunca vou discutir co presidente, xamais; é o meu xefe”
teñen boa relación ac

O día despois de que se pechase o mercado, o presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, reprochou a Fernando Vázquez que non tivese atendido a unha chamada para acudir á sede do club e presionar ó administrador concursal para conseguir a fichaxe de Álex Geijo. O técnico e o dirixente calmaron as augas cunha cea. Onte, o de Castrofeito asegurou que a relación con Lendoiro está ben.
“Nunca vou discutir co presidente, xamais. É o meu xefe, chamoume, estiven con el ceando e para diante todos xuntos como estabamos. Non hai ningún problema. Dígovolo en serio”, aclarou o adestrador branquiazul en rolda de prensa.
O míster está centrado no encontro ante a Murcia mañá ao mediodía no estadio municipal de Riazor, un horario que non lle incomoda.
“Hai literatura que di que é mellor xogar pola mañá, outros din que pola tarde. En absoluto inflúe. E se inflúe, influiranos a nós e á Murcia. En calquera caso, eu prefiro as 12 que as 17 horas”, argumentou o adestrador.
Despois do choque coa Murcia, o Deportivo afrontará a súa visita ó Córdoba na Copa do Rei. A eliminatoria cos andaluces (que en Liga gañaron en Riazor) resolverase a partido único.
“O equipo é bastante curto e imos ter problemas para a Copa”, declarou o técnico, que seguramente tirará máis do filial para afrontar o partido. n    c.a.f.

“Nunca vou discutir co presidente, xamais; é o meu xefe”

Te puede interesar