Un novo circuíto para esta clásica do outono herculino

Un novo circuíto para esta clásica do outono herculino
Deporte Campeón-2015-08-25-025-60d6c692_1

A proba popular por excelencia da cidade herculina abre o seu prazo de inscrición. 
O vindeiro 11 de outubro terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis célebre das carreiras da cidade. Este ano celebrará a súa novena edición cun novo circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, polo Paseo Marítimo coruñés. 
A proba atópase integrada entre as carreiras que conforman o III Circuíto de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña, que se desenvolve ao longo do ano 2015.
As inscricións das e dos atletas faranse a través dunha das páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.org) ata o día un de outubro ás 23.59 horas e o prezo será de dez euros para as e os propietarios de chip amarelo, e doce euros para aquelas persoas que non dispoñan deste aparato que mide os tempos. 
Coma vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta IX Carreira Popular Coruña10 poderán participar atletas da categoría benxamín (nacidos nos anos 2006/2007) até a xuvenil (1998/1999).
A carreira, que ten un perfil prácticamente chairo e por asfalto na súa totalidade, terá a súa saída na Avenida da Habana e a meta na Avenida Buenos Aires. As e os atletas populares percorrerán 10.000 metros polo Paseo Marítimo da enseada do Orzán, achegándose dun extremo a outro nas rotondas do Millenium e a Torre de Hércules.

Un novo circuíto para esta clásica do outono herculino

Te puede interesar