“Noto que a xente da por gañado o partido e ese é un erro grave”

“Noto que a xente da por gañado o partido e ese é un erro grave”
Juan Domínguez, nun dos encontros da tempada quintana

O último visita o estadio municipal de Riazor, non gañou ningún partido esta tempada a domicilio, pero é o filial do Real Madrid, ten xogadores perigosos e o partido convértese nunha trampa para o Deportivo. Así o considera Juan Domínguez, consciente de que o equipo herculino tampouco fía fino cando xoga diante dos seus afeccionados.
Despois dun empate e unha derrota nas dúas últimas xornadas, é momento de reaccionar.
O Deportivo chega sexto á duodécima xornada, pero os resultados dos partidos que se disputan hoxe poden facelo perder, polo menos de forma provisional, varias posicións na clasificación de Segunda División.
“É un partido trampa totalmente. Nótoo no exterior. A xente dá por gañado o partido e é un erro grave. Non ten que ver a clasificación cun partido determinado. No campo non te acordas de como vai a táboa”, explicou o canteirán tras a sesión suave de onte no estadio de Riazor.
Igual que non pensa na clasificación cando afronta os partidos, tampouco teñen en mente os branquiazuis os seus malos resultados como locais.
“Ansiedade non creo que teñamos porque só dificultaría as cousas, non nos beneficia e polo tanto hai que estar por enriba desas cousas, esquecerse os resultados e centrar nos partidos”, dixo.

números pobres
O Castilla so derrotou esta tempada o Lugo, pero o Deportivo, en Riazor, unicamente venceu o Alcorcón.
“Eles son un bo equipo a pesar de estar abaixo. Non xogan mal ao fútbol. Nós non estamos de todo ben na casa, temos que mellorar moito e sería un grave erro pensar que temos gañado o partido”, insistiu.
O xogador nacido en Pontedeume e criado en Narón non ten demasiados datos concretos do segundo equipo branco. Si lle chegou información do coruñés Lucas Vázquez, nacido en Curtis.
“Faláronme de Lucas porque é galego e algún compañeiro coñéceo. Xogan ben ao fútbol porque teñen calidade e talento. Non nos podemos despistar porque o van saber aproveitar moi ben”, alertou o canteirán, un dos fixos nos plans de Fernando Vázquez esta tempada.
O Deportivo está afeito a que os rivais se encerren en Riazor. O do Madrid é unha incógnita. “Quizais nos poidan deixar máis espazos, pero tamén dificultan o traballo defensivo porque é máis difícil que non che creen ocasións”, comentou. n

 

“Noto que a xente da por gañado o partido e ese é un erro grave”

Te puede interesar