“Marcar era unha necesidade e agora estou máis tranquilo”

“Marcar era unha necesidade e agora estou máis tranquilo”

O canterano do Deportivo, que cumpriu 20 anos en setembro, explicou que anotar o seu primeiro gol no pasado fin de semana ante o Real Madrid Castilla lle serviu para quitarse un peso de enriba.

“Agora estou máis tranquilo. Vía como unha necesidade marcar e espero que a partir de agora as cousas vaian mellor. Dende o primeiro día sei que teño unha oportunidade magnífica e premíame a min mesmo. Non me saían as cousas e por iso estaba máis nervioso á hora de xogar”, confesou.
Luis Fernández fixo autocrítica e recoñeceu que “saía moi revolucionado” ao terreo de xogo para intentar aproveitar os minutos que tiña e iso ía na súa “contra”.
“Fallaba controis inexplicables”, agregou o atacante, que en categorías inferiores estaba afeito a citar co gol practicamente en cada partido. “Era unha cuestión de ansiedade. Ata o momento sempre fixen goles e esta tempada non estaba a facelos. Un dianteiro vive diso”, comentou.
Agora, tras ver porta en Liga e anotar o segundo gol da tempada -o outro fíxoo en Copa do Rei ante a Córdoba- está “realmente tranquilo” e confía en “facer mellores cousas” no céspede.
“Son moi esixente comigo mesmo, quero facelo o mellor posible, pero está claro que non é chegar e encher”, apuntou.
A pesar da súa achega e a de Borja Bastón, que é o máximo goleador do equipo con cinco goles, cifra que para Luis é “boa”, tanto o presidente do Deportivo coma o adestrador avogaron por reforzar o ataque.
“Se vén outro dianteiro, será benvido. Os reforzos sempre veñen ben e van axudar ao equipo”, comentou o xogador de Burela, que, en principio, será suplente ante o Recreativo de Huelva. n

“Marcar era unha necesidade e agora estou máis tranquilo”

Te puede interesar