O Liceo coróase na categoría de xuvenís

O Liceo coróase na categoría de xuvenís
O Liceo deu a sorpresa ante un Compañía que chegaba invicto ao partido decisivo | aec

O pavillón de Monte Alto viviú Finais a Catro das categorías xuvenil e alevín, chegando ambas á derradeira xornada on todo por decidir.

En Xuvenil, o Compañía de María A e o HC Liceo dirimían o título, xa cos dous clasificados para o Sector. Nun encontro moi disputado a pesar do avultado marcador final, os verdibrancos foron finalmente superiores (7-1) a pesar de que o Compañía chegaba como favorito despois dunha espectacular Liga regular, onde non perdera ningún partido dos 18 disputados, sendo precisamente ante o HC Liceo a súa primeira derrota de toda a tempada.

En categoría Alevín, dous conxuntos santiagueses, o CH Compostela A, líder da Liga regular cunha soa derrota, e o HC Raxoi A, decidían o título autonómico. Aquí tamén se rompeu o pronóstico, pois logo do dominio inicial do Compostela, os do Raxoi conseguían remontar en impoñerse por un axustado 3-2. l

O Liceo coróase na categoría de xuvenís

Te puede interesar