domingo 20/9/20

Fernando Vázquez: “A miña sensación é que perdimos dous puntos”

El técnico, dando
instrucciones en la
banda | rc d
El técnico, dando instrucciones en la banda | rc d

Fernando Vázquez compareció cariacontecido na sala de prensa, recoñecendo que deixaran escapar a oportunidade de sumar de tres, en boa medida debido a un penalti, que considera que foi inexistente, señalado por Arias Ortiz.

“Vexo que Mujaid salta e gana con solvencia a pelota, é unha acción defensiva clara e non hai nada irregular. Non entendín moi ben esa acción. O que me molesta é que hai que ter certa humildade para ir a ver o VAR. Teñen o VAR que é unha arma maravillosa. Él pode ir a velo e non o vai”, recoñeceu o de Castrofeito.

Nova expulsión

Vázquez tamén falou da tarxeta vermella que viu despois de protestar unha acción. Tamén levou o cartón o doutor Carlos Lariño.

“Por terceira vez fun expulsado, protestei a falta sobre Aketxe cerca da área rival e decidiu expulsarme. Pensei que me sacaria o cartón pero veu co amarelo a expulsarme”, comentou o respecto dunha decisión bastante polémica de Arias Ortiz.

Aproveitar o cansanzo

Asimesmo, explicou co plan de partido era aproveitar o cansancio de xogadores do Tenerife, que está facendo poucos trocos nesta volta do fútbol.

“Era un partido para gañar, desgastamos un pouco o Tenerife, que non fai moitas rotacións. Esperamos que nun momento determinado notaran os partidos que levan os xogadores e foi aí cando sacamos a Aketxe, Christian e Çolak. Moviamos con facilidade e tranquilidade e tivemos opcións claras para gañar”, declarou.

Remarcou que “un empate non está mal, pero non era o que queríamos tal e como foi o partido”, aclarou.

Asimesmo, recoñeceu que a lesión de Uche Agbo no nocello podía ser grave. “ Non ten boa pinta, de principio é unha contusión, a ver cómo está o ligamento. Se está tocado é unha pérdida para a tempada”, dixo. Tamén valorou o papel de Valle, de novo na medular: “Valle considéroo un creador, que ten a capacidad de finalización tamén. Pode xogar onde o estou a poñer porque da calidade e tranquilidade e calma o equipo”

 Conclui que para él perderon dous puntos: “Dame a sensación de que sei aproveitaremos as ocasións que tivemos o penalti pitado en contra sería insignificante, levo a sensación de que perdimos dos puntos e non que gañamos un”, concluiu o de Castrofeito.

Comentarios