Éxito dunha nova edición do Foro de Deporte para Todos

Éxito dunha nova edición do Foro de Deporte para Todos
Míguez con Eduardo Blanco, presidente de Agaxede, e José Manuel Sande, concelleiro herculino de Deportes | aec

A sétima edición do Foro de Deportes para Todos, celebrada onte no Club Financiero Atlántico, foi un éxito. Organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos e pola Asociación Galega de Deporte para Todos, contou ca colaboración do Concello da Coruña e nel participaron a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o presidente do COE, Alejandro Blanco.
Nas súas verbas, Míguez referiuse aos xestores deportivos como “axentes imprescindibles para que funcione esa rede de persoas, institucións e administracións que traballan en prol do deporte galego”, polo que valorou esta iniciativa dirixida a xestores, directivos, técnicos e voluntarios do deporte, especialmente, aos dirixentes das asociacións, federacións e clubs deportivos. “O obxectivo non é outro que seguir mallando nesa rede en prol do deporte galego e contribuír á mellora da organización e desenvolvemento das entidades deportivas galegas”, engadiu.

Ferramenta
A responsable do deporte galego presentou o foro como unha ferramenta para acadar o deporte “plural, diverso, sen xénero nin idade, para todos e para todas, enriquecedor da sociedade, transmisor de valores, xerador de noticias, formador, igualador, motor de cambio social e tamén axente económico determinante”.
Ao abeiro da temática que tratará o foro ao longo da xornada, Marta Míguez sinalou que “cómpre analizar a xestión das nosas entidades, identificar as nosas debilidades, compartir os nosos problemas e dificultades e, deste xeito, encontrar xuntos as medidas e solucións máis axeitadas á realidade na que vivimos”.

Futuro
Ademais, apuntou a importancia do futuro do deporte federado, “un tema que nos afecta a todos e no que desde a Xunta de Galicia insistimos con frecuencia grazas ao Foro do Deporte Federado creado para compartir posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado”.
Non faltou a participación do presidente de Agaxede, Eduardo Blanco. Do mesmo xeito, Alejandro Blanco foi o encargado de impartir a derradeira ponencia desde Foro.

Éxito dunha nova edición do Foro de Deporte para Todos

Te puede interesar