Día de seminarios no complexo municipal

O Concello da Laracha será durante os vindeiros días a capital mundial do Taekwondo Tradicional. Dende hoxe e ata o sábado terá lugar no pavillón do complexo deportivo municipal o Open Nacional e Internacional, é dicir, o equivalente aos campionatos de España e do mundo desta disciplina.

O Open é organizado pola Federación Internacional de Taekwondo Tradicional (ITTAF) coa colaboración da Asociación Galega de Kick Boxing e do propio Concello da Laracha.

Durante hoxe, a organización aproveitará a ocasión para animar ao público a adentrarse na práctica de diferentes artes marciais e da defensa persoal.

O Grand Master (GM) Agustín Trigo, 9º Dan (natural de Carballo e único español que posúe a máxima distinción nesta disciplina), Vicente Martínez e Leonardo Pereira impartirán desde as 10.00 horas seminarios de Taekwondo Tradicional, Hapkido e Kapap Israelí. Mañá celebrarase o Open Nacional e o sábado o Internacional.

 

Día de seminarios no complexo municipal

Te puede interesar