Culleredo dará o domingo o pistoletazo de saída

Culleredo dará o domingo o pistoletazo de saída
A Carreira Popular Ría do Burgo cumpre este ano a súa quinta edición

Trinta localidades acollerán, a partir deste domingo, o IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares promovido pola área de Deportes da Deputación da Coruña. Milleiros de persoas participarán nesta iniciativa que é unha das máis populares das convocatorias deportivas anuais
O Circuíto bota a andar coa celebración en Culleredo da V Carreira Popular Ría do Burgo. Iníciase así o ciclo anual dun programa que chega a súa cuarta edición e que o ano convocou máis de 10.000 participantes en toda a provincia e conta nesta aumentar o número nesta nova edición.
A grande afluencia e a demanda dos concellos derivou nunha ampliación do número de carreiras que pasan nesta edición de 25 a 30. O Circuíto estará controlado tecnicamente pola Federación Galega de Atletismoe o seu departamento de estadística.
O responsable da área de Deportes da Deputación, José García Liñares, valorou esta iniciativa como “unha cita xa agardada na que se demostra a forza do deporte e se convida a participar nunha proposta popular, festiva e saudable”. García Liñares lembrou a alta participación da edición anterior na que participaron máis de 10.000 persoas. Recoñeceu tamén o labor da FGA á hora de promover a participación e organizar e coordinar a celebración das distintas carreiras.
O ciclo de carreiras rematará o 18 de decembro en Porto do Son. Entre unha e outra, o programa desenvolverase en 30 concellos. Algunhas probas chegan a súa XXXIV edición, como a Carreira Popular da Amaia, e outras presentan singularidades como as nocturnas de Santiago e de Ferrol. O Circuito mostra o interese dos concellos de integrar as súas carreiras no programa da área de Deportes da Deputación da Coruña.
O Circuíto contempla a categoría de Menores (benxamín, alevín, infantíl, cadete e xuvenil) que inclúe participantes nacidos entre 2007 e 2000 e Absoluta (xunior, Promesa, Senior, Veterano 1, Veterano 2, Veterano 3 e Veterano 4) con participantes nacidos entre 1997 e 1956 e anteriores.
A competición outorga premios individuais e por equipo en todas as probas. Para a clasificación individual dentro da categoría Absoluta os atletas teñen que participar como mínimo en 11 das 30 probas.
Na clasificación por clubes valorarase o número de participantes de cada un nas diferentes carreiras á marxe do posto dos seus compoñentes en cada unha delas. A categoría divídese, a súa vez, en dúas, unha por clubes de Menores e outra Absoluta. Os gañadores individuais e os de clubes da categoría Absoluta recibirán un premio de 800 euros e máis un trofeo, mentras que os campións das clasificacións finais de Menores levarán 150 euros e trofeo.
O prazo para se inscribir nas diversas carreiras estará aberto ata setembro a través de www.carreirasgalegas.org, agás que a organización respectiva decida habilitar outro sistema. As carreiras desta cuarta edición do Circuíto están incluídas no calendario de probas da Federación Galega de Atletismo. n dxt

Culleredo dará o domingo o pistoletazo de saída

Te puede interesar