Seis Concellos acollerán os cursos deste verán

Seis Concellos acollerán os cursos deste verán

Cariño, Oleiros, Rianxo, Ribeira, Muxía e Malpica acollerán este ano, entre o 4 de xullo e o 12 de agosto, os cursos da campaña de vela 2016 da Deputación da Coruña. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.
Os interesados en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu Concello, entregando a ficha de inscrición que pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruna (www.dacoruna.gal/deportes), debidamente cumprimentada e asinada polos pais ou titores dos solicitantes.
Nos cursos, que terán unha duración dunha semana en quendas de mañá (de 10.00 a 14.00 horas) e de tarde (de 16.00 a 20.00 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións naúticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.
A cuota de inscrición é de 25 euros, que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña, facendo constar ‘Campaña de Vela 2016’, xunto co nome do participante.
Os inscritos deberán acoder ás actividades con zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo, moito mellor se é impermeable. Aconséllase que os rapaces tamén leven unha mochila con roupa para cambiarse ao finalizar a actividade. A organización facilitará chaleco salvavidas para todos os participantes.
O programa contén en moitas actividades relacionadas coa navegación, entre as que destacan a iniciación aos conceptos teóricos da navegación e ao coñecemento básico dos nós mariños, ademáis de realización práctica de navegación a vela. n a.c.

Seis Concellos acollerán os cursos deste verán

Te puede interesar