O Concello recoñece a gran tempada do Fillas de Breogán

O Concello recoñece a gran tempada do Fillas de Breogán
Os concelleiros José Manuel Sande e Rocío Fraga encabezaron a recepción municipal fdb

 
O Concello da Coruña recibiu con todas as honras ao Fillas de Breogán como acto de recoñecemento público cara os logros conqueridos polo equipo esta tempada: Liga Galega, Copa AGFG, Champions League e Campionato Ibérico, catro títulos que converten ás herculinas no mellor equipo de fútbol gaélico galego e facendo historia neste deporte.
O equipo breoganeiro foi recibido no salón de plenos polo concelleiro de Deportes e Culturas, José Manuel Sande, e pola responsable de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, quen agradeceu ao Fillos de Breogán e as xogadoras o seu “traballo de sensibilización” cara a cidadanía “por visibilizar a igualdade de xénero” e levar o deporte feminino ao máis alto.
Pola súa banda, Sande saudou o labor da entidade branquiazul, ao considerar o fútbol gaélico como “unha ferramenta de transmisión dunha tradición cultural que, por riba de todo, achega os valores de convivencia”. O edil tamén agradeceu a entrega das xogadoras, a cal cualificou como exemplar. “Grazas por ser pioneiras e por vir, seguro que volveredes” resaltou o titular de Deportes do Concello coruñés.
Pola súa banda, Patricia García, capitana do Fillas de Breogán, resaltou o gran traballo de todas as compañeiras, así como do corpo técnico, e agradeceu o apoio incondicional da directiva e demais compoñentes do club que nunca deixaron de crer nelas e apoialas.
Tamén houbo momento para o recoñecemento de dúas figuras moi importantes dentro do club coruñés, Wenceslao García Zapata ‘Wences’, fundador do club, e o irlandés Seonie McEvoy, presidente de honra do Fillos de Breogán.

O Concello recoñece a gran tempada do Fillas de Breogán

Te puede interesar