O Concello abre hoxe a inscrición para C21 e C42

O Concello abre hoxe a inscrición para C21 e C42
27 febrero 2017 / 18 febrero 2018 Atletismo Novena edición de la Media Maratón Coruña21

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abre hoxe o período para formalizar a inscrición nas dúas grandes carreiras de 2019: XI medio maratón Coruña21 (17 de febreiro) e VIII maratón Atlántico Coruña42 (14 de abril). 

Poderán correr a C21 maiores de 18 anos cuxa participación realizarase en función das varias categorías de idade. A inscrición pódese realizar a través de www.carreirasgalegas.com até as 23.59 horas do 3 de febreiro de 2019. A cota é de 15 euros. Logo abrirase un segundo prazo, do 4 ao 10 de febreiro, no que o prezo será de 25 euros.  Como é habitual, dase a posibilidade de bonificación do 50% a os maiores de 65 anos, posuidores do carné xove ou desempregados.

As persoas deberán acreditar estas circunstancias a través dunha declaración responsable no momento de formalizar a inscrición e, a continuación, enviar os documentos correspondentes: fotocopia do DNI e do Carné Xove, así como do informe de períodos de altas e baixas expedido polo Inem antes do día da inscrición.

A inscrición para a C42, proba reservada para maiores de 20 anos, tamén se fará a través de www.carreirasgalegas.com. A cota é de 25 euros ata  o 31 de marzo ou até acadar os 1.500 inscritos. No caso dos atletas con licenza da FGA, para o Campionato Galego, será gratuíta e deberán facelo a través do enlace https://isis.rfea.es/sirfea2. No segundo prazo, en caso de seres necesario, a partires do 1 de abril, e até as 23.59 horas do día 7, a cota será de 40 euros.

O Concello porá a disposición das e dos participantes distintos servizos, como o de avituallamento, gardarroupa e duchas. Ademais, todas as persoas que rematen o Maratón recibirán un diploma e medalla de finisher. Xunto á de 42, 195 quilómetros celebrarase tamén a proba popular 10K (10 qms), cuxa cota de inscrición será de 5 euros.

O Concello abre hoxe a inscrición para C21 e C42

Te puede interesar