Chapela e Rianxo defenden o liderado e o Salgado Perillo tentará mellorar

Chapela e Rianxo defenden o liderado e o Salgado Perillo tentará mellorar
os oleirenses foron sextos o domingo pasado m.g.

 Hoxe comeza en augas de Viveiro a primeira edición da Bandeira A Mariña que se disputa a dobre xornada. Por primeira vez na tempada coincidirán no mesmo campo de regatas a Liga Galega A e a B.

Chapela e Rianxo deberán defender o seu liderado na regata de hoxe, que dará comezo ás 18.00 horas no porto de Celeiro, e que se realizará en formato contrarreloxo.

A primeira quenda estará conformada polos equipos da LG-B e saíran en orde inversa á clasificación xeral, que neste caso é o resultado final da regata de A Guarda tras declararse inválidos os resultados de Coruxo. Iniciará a quenda a traíña de Cesantes e o último en dar a saída será o líder desta Liga B, Rianxo.

 PREMIOS - A cita desta fin de semana reparte un total de 18.000 euros en premios

Na segunda quenda tomarán a saída os equipos da LG-A. A orde de saída será igual que o utilizado para a formación da quenda da LG-B, polo que Chapela pechará a primeira xornada desta Bandeira de A Mariña.

A segunda xornada, que dará comezo mañá ás 11.30, contará cos 12 primeiros clasificados da regata de hoxe, independentemente da liga á que pertenzan os equipos. Neste caso xa non será unha regata contra o crono, disputarase baixo o formato de tres quendas.

A regata de hoxe será puntuable para cada unha das ligas, posto que non hai interferencia entre ligas, e a xornada do domingo, definiría a clasificación e reparto de premios da I Bandeira A Mariña.

O reparto total de premios será de 18.000 euros, establecido segundo o baremo da Liga Galega de Traíñas.

Os premios oscilan entre os 2.080 euros do primeiro clasificado ata os 400 euros que recibirán os cinco equipos que non pasen á final.

Trala mala actuación do Salgado Perillo o pasado domingo cun sexto posto, provocado en gran medida pola diferencia de vento entre quendas, terá como principal obxectivo acurtar distancias con Mecos Mondariz, que partirá hoxe de novo como claro candidato a vencer.

Conseguir o pase á xornada final de mañá será unha tarefa moi complicada, incluso algún equipo da Liga Galega A podería verse sorprendido polos da B e quedarse sen opcións de conseguir a vitoria. n

Chapela e Rianxo defenden o liderado e o Salgado Perillo tentará mellorar

Te puede interesar