As catro décadas do CRAT, protagonistas dun libro

As catro décadas do CRAT, protagonistas dun libro
A publicación terá máis de trescentas páxinas dc



A Deputación Provincial ultima os preparativos para a edición dun libro moi especial, chamado ‘CRAT: 40 anos de Rugby dende A Coruña’, no se repasa a traxectoria deste histórico club coruñés dende a súa fundación en 1976 ata a actualidade.
Nas 311 páxinas coas que contará a publicación, faise un exhaustivo repaso á historia do CRAT dende a súa fundación na Escola de Aparelladores do Campus da Zapateira, cando o rugbi era aínda unha disciplina deportiva prácticamente descoñecida na cidade herculina, ata os numerosos logros deportivos acadados polas distintas categorías do clube nos últimos anos, pasando pola expansión do rugby base, a creación do equipo feminino, que chegou a ser campeón de España, e outros fitos destacados a longo destas décadas.
O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, afirmou que, coa edición deste libro, a Deputación quere contribuír á conmemoración do 40 aniversario do CRAT, “un equipo que xurdiu de forma moi modesta, suplindo con con moita ilusión a escasez de recursos, e que hoxe forma parte indiscutible da historia do rugby coruñés e galego”.
Liñares subliñou ademáis a “decisiva contribución” do CRAT á implantación desta disciplina deportiva na provincia, grazas á “implicación de varias xeracións de xogadores veteranos” que, co paso dos anos, seguiron vinculados ao clube como entrenadores, árbitros ou directivos, “axudando a conformar a gran familia do rugbi coruñés”.
A publicación estará ilustrada con máis dun centenar de fotografías, reproduccións de carteis, documentos e recortes de prensa procedentes do arquivo do clube, que hoxe conta cunha ampla base social de case 300 xogadores e xogadoras en 10 equipos de diferentes catergorías e unhas vitrinas cheas de trofeos que avalan a súa brillante traxectoria deportiva.

As catro décadas do CRAT, protagonistas dun libro

Te puede interesar