Aranzubia dice "Agora vemos que a primeira volta non era tan mala"

O porteiro do Deportivo Dani Aranzubia, asegurou que os resultados do equipo nos últimos encontros da primeira volta, nos que pasou de estar fóra dos postos de descenso á segunda posición da clasificación, demostra que os branquiazuis non estaban tan mal.
"Se a principio de tempada nos din que imos acabar a primeira volta segundos e con estes puntos, moitos non o crerían. Levamos 36, poderiamos chegar a 42 e sería un ritmo de 84 facendo unha primeira volta coa que ninguén estaba contento ao principio e que agora vemos que non era tan mala", declarou.
O Deportivo chegou aos dous últimos encontros da primeira volta con opcións de iniciar a segunda como líder da categoría se saca os seus partidos adiante e o Elx comete algún erro, pero comandar a clasificación non obsesiona os xogadores do conxunto coruñés.
"É bonito verte arriba, pero o obxectivo é ascender e sóbese sendo primeiro ou segundo. Esperemos non deixar esas prazas ata final de tempada, pero non hai que obsesionarse coa clasificación", indicou.
Aranzubia explicou que "hai seis ou sete" equipos "en moi poucos puntos" e afirmou que "os favoritos" non fallaron e seguen nos postos de cabeza.
"Levamos un bo período e non conseguimos distanciarnos, pero estou seguro de que, se seguimos así, nos distanciaremos", manifestou.
Para conseguilo, o Deportivo debe imporse o domingo na súa visita ao Huesca, que está nos últimos postos da clasificación aínda que mellorou a súa situación a finais de 2011.
"Empezaron moi mal, pero gañaron os últimos partidos na casa e quizais están no seu mellor momento da tempada", expuxo o gardameta.
Aranzubia afirmou que os deportivistas están "preparados" despois dos tropezos de setembro e outubro en Alcorcón (4-0) e Alcoi (2-0) e espera que non repitan erros nun "campo similar" como o do Huesca.

Aranzubia dice "Agora vemos que a primeira volta non era tan mala"

Te puede interesar