Aitor Cotelo xogará dous partido máis co OAR

Aitor Cotelo xogará dous partido máis co OAR
15 enero 2012 balonmano primera estatal temporada 2011-2012 conslar oar-calvo xiria: 23-25

 O Conslar OAR, que non está precisamente no seu mellor momento (suma tres derrotas consecutivas), perde este mes a un dos seus xogadores máis importantes. Aitor Cotelo marcha a Brasil para seguir os seus estudos de INEF. Iso si, antes de viaxar disputará dous últimos partidos ca camisola vermella: o de Camariñas, o sábado, e o de Zamora.

–¿Como afronta estas semanas antes de partir?

–Marcho sabendo que o equipo non acabou ben a primeira volta, e que perdeu o sábado contra o Xiria. Pero aínda queda moito e pode recuperarse.

–Fronte ós de Carballo recibiu unha pequena homenaxe do OAR. ¿Que sentiu vostede?

–Foi algo moi bonito, a verdade é que non o esperaba.

–¿E en Brasil vai seguir xogando ó balonmán?

–Si, é o que teño pensado. Estarei seis meses alí, e logo regreso.

–Agora toca pensar no Camariñas. ¿Como ve este segundo derbi provincial?

–É un partidos dos importantes, despois dos últimos resultados. de tódolos xeitos, é difícil gañar alí.

–Na primeira volta tamén xogaron ante Camariñas tras caer fronte o Xiria.

–Si, agora temos unhas sensacións parecidas ás daquela. De novo tivemos un partido moi duro ante o Xiria. Pero o que nos vén tamén será duro.

–¿Ten máis perigo un equipo que vai antepenúltimo na clasificación?

–Si, eles necesitan os puntos, xogan na casa e ademáis é un derbi provincial.

–¿Canto tempo fai que non visita O Areal?

–Pois fai tempo que non xogo alí, dende que era xuvenil.

–E logo Zamora.

–Outro partido motivante, ante un equipo que foi líder e que é moi forte.

–¿Viaxaría máis tranquilo a Brasil cos catro puntos no peto?

–Si, porque a Liga está moi igualada e en calquera intre podemos volver a estar arriba.

Aitor Cotelo xogará dous partido máis co OAR

Te puede interesar