“Mallo é excelente e sorprendeume”

“Mallo é excelente  e sorprendeume”
di que juan domã­nguez aguanta a presiã³n e iso e “o talento mã¡is importante dun xogador” quintana

O técnico de Castrofeito acudiu a Abegondo no seu día libre para ver ao Fabril. “É coma se estivese no cine. Algo así”, apunta.

 Aspas ten un gran corazón, pero gústalle ese
papel rebelde

-¿Hai madeira no Fabril?

-Hai xogadores interesantes que teñen calidade. En todas partes hai xogadores.

 

-O que pasa é que non é, quizais, o momento.

-Penso que non. Incluso habendo un súper crack habería que ter coidado. Hai que velos, miralos cara un pouco máis adiante. A ver que pasa co Depor, connosco en Primeira. Cando o futuro estea resolto, un, evidentemente, xa pode tomar algún tipo de decisión, pero nestes momentos, creo que a responsabilidade tena que ter quen lle corresponde e aos rapaces deixalos crecer noutro xardín.

 

-Para os rapaces será unha satisfacción verte no campo seguíndolles.

-Non sé que pasará pola súa cabeza, pero eu cumpro co meu traballo, coa miña responsabilidade. Sempre me gustou coñecer que hai debaixo do primeiro equipo. Creo, ademais, que é unha parte da razón de ser do traballo dun adestrador do primeiro equipo, redondear un pouco o traballo que fai o club e darlle sentido ao traballo que fan outros adestradores, delegados, preparadores.

 O entorno pode moito, queren agradar e equivócanse

-Ti destacaches por sacar xogadores de abaixo.

-Sempre fixen o mesmo, míroos e, si teño oportunidade e tempo, cando tomo unha decisión elixo a un futbolista ao que vexo con proxección cara ao futuro, fágolle adestrar comigo, co primeiro equipo unha tempada, obsérvolle, voulle dando oportunidades e elixindo tamén o momento. Nunca me gustou tomar decisións ao meu favor, en contra dos rapaces. Cando tomo unha decisión é porque sinceramente creo que ese rapaz ten nivel do primeiro equipo.

 

-Neste momento delicado na economía, ¿As canteiras toman máis valor?

-Creo que sempre o deberían ter independientemente do teu nivel económico, de si estás ben ou mal. Si hai tres rapaces bos, por que non lles vas a dar a oportunidade. A canteira é a clave do fútbol en todas partes. Os rapaces sempre nacen nunha canteira, se non é a túa, noutra, pero o crack do futuro ten agora 16 anos. Está nalgunha canteira, por que non na do Deportivo. Os rapaces teñen que ver a porta do primeiro equipo aberta e empezar a portarse case como profesionais. Si estou no Deportivo, eu voulle a dar a oportunidade. Si teñen talento para o primeiro equipo, as portas teranas sempre abertas.

 Ás veces, un
ten dereito a equivocarse. Van corrixir e madurar

-O malo é que logo formas xogadores e prodúcense fugas de cerebros. É o caso recente de Anxo, que se foi ao Manchester City.

-UEFA, FIFA, o fútbol profesional debería tomar medidas, pero que che leven a algún, tamén vale. Ao fin e ao cabo, vaslle a dar saída a un xogador teu, cumpres co teu deber, fixeches as cousas ben. Marcha un, pero vai quedar outro. O importante é que saian rapaces. Se non é no teu equipo e vanse máis para arriba, alégrasche tamén, pero hai que pensar en arranxalo nalgún momento a nivel federativo.

 Juan Domínguez
é tipo Borja Oubiña,
un cabaleiro,
parécense moitísimo

-A canteira na época brillante do Depor tivo pouco peso, pero o Barcelona é o exemplo contrario. ¿Foi un erro non tirar da canteira? -Eu para atrás non miro. Miro para diante. Pelexarei si estou no Depor para que as cousas sexan como creo que ten que ser. En Galicia, algún club debería decidirse un pouco por aí. Sería unha boa medida traballar con canteira, cunha boa selección, unha boa escola, un bo grupo de traballo, preparadores bos e, a partir de aí, que os rapaces aos poucos vaian tendo oportunidades no primeiro equipo. E cando tes prestixio e a xente sabe que os rapaces saen e que poden facer carreira e promocionarse no primeiro equipo, os pais vanchos a traer, vanse a preocupar. Iso é o que hai que facer, coller ese prestixio, educar ben, formar ben e a partir de aí o primeiro equipo seguramente aproveitaríase. Os rapaces adoitan dar o que ti lles pides. Se lles pides Segunda División, danche Segunda División. Se lles pides Primeira, vanche a dar Primeira. Eles inténtanse achegar ao modelo que ti lle presentas. Os rapaces da provincia de Coruña, de Lugo, que sería os que nos corresponderían teóricamente, en absoluto son peores que un futbolista vasco, catalán, andaluz ou canario. Temos o hándicap do tempo, os invernos son máis duros, pero son xogadores disciplinados, físicamente dotados e técnicamente correctos. Por iso o futbolista galego sempre é querido nos seus clubs. Deberiamos cultivalo máis e sacar máis perlas da nosa canteira.

 O xogador galego é discipinado, dotado físicamente e a nivel técnico, correcto

-Falas de xogadores disciplinados, de educalos. Consegues que sintan máis as cores e pode pasar o que ocorreu en Riazor con Aspas ou Hugo Mallo.

-Sei por onde vas. Son rapaces novos e ás veces déixanse arrastrar un pouco polo seu entorno. É o que pasa con Aspas e Hugo. Falan e diríxense a unha afección especial, particular, que non é a maioría da afección do Celta e cometen erros, pero todo é perdonable. Coñezo aos dous. Especialmente a Aspas. É un rapaz cun corazón extraordinario. O que pasa é que lle gusta xogar ese papel de ser un pouco rebelde. Xa o era de chavalín e no fondo non ten ningún sentimento negativo. E menos Hugo Mallo, que é un mozo excelente. Coñecino alí de xuvenil. É sorprendente para min. Sorpréndeme este tipo de cousas, pero creo tamén que ás veces un ten dereito a equivocarse e, canto antes o faga, mellor. Van corrixir, a madurar personalmente e a darse conta de que un profesional non pode facer certas cousas. O que pasou onte en Riazor e con Hugo Mallo no autobús vai servirlle de experiencia. Sen dúbida.

 

-Non foi só o episodio do autobús. En Riazor encarouse coa afección. A estes niveis é difícil aceptalo.

-Por suposto. Empezan a ser futbolistas recoñecidos. O entorno ás veces pode moito, queren agradar a algunha xente e equivócanse de pleno. Pediron perdón e creo que deberiamos dalo por finiquitado.

 O crack do futuro ten agora 16 anos, está nalgunha canteira, por que non nesta

-Logo hai xogadores como o caso de Juan Domínguez no Depor que é, quizais, todo o contrario a ese perfil.

-Juan Domínguez é tipo Borja Oubiña, que é un cabaleiro, un señor, como se ve nas súas declaracións. Parécense no carácter moitísimo. O que demostrou é que vindo desde o banquiño, porque estaba sendo suplente, demostrou que ten a capacidade de aguantar a presión ante un partido importante. Sempre considerei que iso é o talento máis importante dun xogador, o que ten capacidade de dar o máximo en partidos complicados e estresantes. Juan Domínguez demostrou que efectivamente está capacitado. Non lle pesa a situación en absoluto, a importancia do partido. Iso para min é un talento fundamental no fútbol profesional.

“Mallo é excelente e sorprendeume”

Te puede interesar