Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

A Xunta abre o prazo da 16 edición do Xuventude Crea

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara

Xunta abre o prazo para que os mozos e mozas interesados presenten a súa solicitude para participar na 16ª edición do certame Xuventude Crea. A convocatoria, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, ofrece á mocidade, de entre 16 e 30 anos, a oportunidade de mostrar o seu talento artístico en moi diversas disciplinas funcionando como un escaparate e canle de divulgación para dar a coñecer as súas propostas.

O certame pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación, ademais de actuar como estímulo económico para a xuventude. O prazo de presentación de solicitudes, que se fará preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta, iniciarase mañá, e remata o 29 de setembro.

O Xuventude Crea 2025 contará con 16 categorías que son artes plásticas (modalidades de pintura e escultura), arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación. Por cada categoría, os premios económicos serán de 2.000€ para o primeiro, 1.500€ para o segundo e 1.000€ para o terceiro. Ademais, haberá un premio especial de 1.000€ para a modalidade de música clásica na categoría de música e poderanse outorgar mencións de honra a aquelas obras que consigan chegar á fase final.

Ademais do premio económico, os gañadores terán a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentorizaxe para poñer en marcha o seu proxecto empresarial, ademais de participar en importantes eventos de referencia no sector artístico tanto de carácter autonómico, nacional e internacional onde poderán expoñer as súas obras e difundir o talento da mocidade galega. 

Desde a súa posta en marcha hai 16 anos, nesta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude levan participado máis de 5.300 mozos e mozas con case 4000 obras e proxectos creativos. Neste sentido, repartíronse 633 premios por importe de 966.050 euros e máis de 80 mencións de honra.

0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara