Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco presentan “Unha noite na praia” nun Colón esgotado

Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco presentan “Unha noite na praia” nun Colón esgotado
12 enero 2019 / 26 marzo 2019 página 37 / 02 mayo 2019 página 37 A Coruña.- Carlos Blanco y Touriñán inician su maratón de "Somo Criminais" con todo vendido

Tralo éxito que tiveron con “Somos Criminais”, enchendo auditorios de toda Galicia, Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco repiten colaboración na obra “Unha noite na praia”, que presentan desde esta noite no teatro Colón.


A acollida e resposta do público ata o momento está a ser “marabillosa, porque estamos esgotando entradas en todos os lados”, comenta Touriñán. No Colón contan con catro pases, dous hoxe e dous mañá, ás 20.30 e 23.00 horas, e as localidades levan tempo esgotadas, “a verdade é que non podemos pedir máis”.


“Unha noite na praia” é unha obra de teatro, “que ninguén se asuste porque poña teatro, porque é comedia”, di Touriñán. Tanto Touriñán como Blanco deixarán de ser eles mesmos para dar vida a Manuel e Klaus. O punto de partida é un chiringuito de praia do que Klaus, un turista sueco interpretado por un Carlos Blanco “que mestura o galego, o castelán e o sueco”, non quere marchar cando a Manuel, interpretado por Touriñán, lle chega a hora de pechar o chiringuito. E ata aquí se poder ler, “estaría guay que a xente viñera para ver como acaba e que non cho teña que contar”, bromea Touriñán.


É a segunda vez, en poucos meses, que vemos a Touriñán e Blanco xuntos enriba dos escenarios coruñeses. Destaca Touriñán sobre Blanco o “fácil” que é traballar con él e a súa xenerosidade. “A verdade é que foi tan boa a experiencia en “Somos Criminais”, que nos entendimos tan ben traballando, pasámolo tan ben e desfrutamos tanto que buscamos repetir e buscar outra disciplina que fose un pouco distinta, por iso nos plantexamos facer unha obra de teatro”, explica Touriñán.


Nos meses de xullo e agosto farán un parón na xira desta obra, coa excepción dun par de datas na Illa de Arousa en agosto, pero voltarán ao escenario no outono para continuar.
Situación do audiovisual


Ademáis de velo no teatro, a Touriñán últimamente podémolo ver tamén en numerosos proxectos audiovisuais. Precisamente sobre a situación da industria, o actor e humorista galego comenta que se está a vivir un “bo momento” porque coa entrada das plataformas dixitais “estánse a xerar un montón de proxectos” e hai “que aproveitar o momento”.


Sobre a situación concreta do audiovisual galego tamén destaca o bo momento, non só a nivel actores, senón tamén a nivel técnico, “temos a uns técnicos e xente que traballa nesa parte que son a puta ostia e que están traballando en produccións en todo o mundo”, ensalza Touriñán.

Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco presentan “Unha noite na praia” nun Colón esgotado

Te puede interesar