Xesús Mato, 'alma mater' de Fuxan os ventos

Xesús Mato, 'alma mater' de Fuxan os ventos
Foto de arquivo de Fuxan os Ventos

Os lucenses Xulio Xiz e Antonio Giz presentan o libro homenaxe 'Xesús Mato, 90 anos.. e 50 do seu Fuxan os ventos'. O libro, de 166 páxinas, recolle diferentes episodios da vida do párroco e fillo predilecto de Paradela, Xesús Mato.


Aproveitando a ocasión do seu 90 aniversario e o medio século de vida da agrupación musical, do que foi 'alma mater', os autores e coautores do libro lembran momentos clave da actividade do padre Mato.


A idea deste proxecto "nace tras ser testemuña da traxectoria de Xesús Mato", engade Xiz, pois plasmar para toda a vida as etapas do padre Mato era "un deber moral".


"A súa dedicación, implicación e atención a todo tipo de causas merecían pasar á historia para ser lembradas: Auxilia, Fuxan os ventos...". Este é o segundo libro que lle dedican ao fundador de Fuxan os ventos, o primeiro, publicado a principio dos 2000, foi 'Mato sono io'.


Aos seus 90 anos, Matogueira insiste en que "o seu traballo foi como de calquera outra persoa normal e que xa é pasado", pero os autores do libro insisten en que "é un luminoso presente a valorar".


Confesa como anécdota Xiz: "Cando lle dixemos que na presentación habería moita xente contestounos: 'bo, haberá que deixarse querer'. E aquí está a cuestión, Mato está a deixarse querer".  

Xesús Mato, 'alma mater' de Fuxan os ventos

Te puede interesar