Treixadura | “O público sempre formou parte do noso espectáculo”

Treixadura | “O público sempre formou parte do noso espectáculo”
07 mayo 2012 A Coruña.- La formación musical Treixadura subió ayer al escenario del teatro Rosalía de Castro para presentar ante el público su último trabajo discográfico "Treixadura, esa si que é mu

Mañá terá lugar unha xuntanza esperada e que levaba tempo xestándose, a Banda Municipal de Música da Coruña e Treixadura unirán forzas ás 22.00 horas no escenario de María Pita.

Será unha actuación na que haberá espazo para “o repertorio do noso último traballo, “Inda canto”, e o máis clásico de Treixadura, como “Se chove”, a “Muiñeira de Santo Amaro” ou “Miñas cousas”, comenta Xaquín Xesteira, un dos membros fundadores de Treixadura.

O grupo de música tradicional atópase ás portas do seu 30 aniversario, que cumplirán o vindeiro ano, “xa vamos tendo unha idade”, bromea Xesteira. O grupo foi medrando “de xeito natural” neste tempo, ata os “16 membros que somos agora sobre os escenarios”.

Tantos anos de música e espectáculos non só fixo que o grupo mudara e crecera, senón que tamén o público medrara con eles. “Treixadura ten público de todas as idades, dende nenos pequenos a xente maior, e foi cambiando na medida en que foi aumentando a propia familia do público”, explica Xesteira. “O público sempre formou parte do noso espectáculo, porque Treixadura quere e desexa sempre que o público cante con nós e comparta co grupo a música”, engade.

Precisamente esa familia que conformou Treixadura ao seu redor acolleu cos brazos abertos ese último traballo discográfico, “Inda canto”, que estrearon o pasado ano. Xa no xogo das cifras, conta Xesteira que a edición contaba con 5.000 exemplares e “practicamente estamos esgotándoos”.

Este último lanzamento converteuse no seu foco de atención principal, tanto que, “polo de agora”, inda non planearon celebración do 30 aniversario. “Algo sairá, algo sairá”, comenta Xesteira.

A música tradicional galega

Levan 30 anos nisto e viviron unha auténtica evolución musical, pero tal e como afirma Xesteira, “a música tradicional en Galicia goza de boa saúde, grazas á cantidade innumerable de asociacións culturais e agrupacións folclóricas, que son realmente a base da música tradicional”.

Esas asociacións, xunto ao nacemento de multitude de escolas, axudan a “inculcar aos nenos este tipo de música dende moi novos”, comenta. Pero engade que tamén nos últimos anos se deu outro fenómeno como o desa xente maior “que tiña esa teima de querer aprender a tocar un instrumento tradicional como a gaita ou o acordeón”, apréndeno grazas a esas asociacións e agrupacións, que espallan a música tradicional por Galicia “dun xeito directo”.

Treixadura | “O público sempre formou parte do noso espectáculo”

Te puede interesar