Tanxugueiras | “Quixemos quitar o cliché de que a música tradicional non pode contar historias”

Tanxugueiras | “Quixemos quitar o cliché de que a música tradicional non pode contar historias”
el ideal gallego-9999-99-99-999-1eb90297

Xa hai tempo que as Tanxugueiras anunciaran que estaban a traballar nun novo disco que, tal e como se soubo o pasado mes, ten por nome “Contrapunto”. Neste traballo, que presentan mañá no Corte Inglés de Marineda City, xogan co concepto do título, tal e como explica Sabela Maneiro, creando cinco temas sobre o bo, e outros tantos sobre o malo.  

A que fai referencia “Contrapunto”? 
Pois fai referencia ao que pasa na vida, día a día. Ten a súa parte boa e a súa parte mala. Son dez temas, os cales se dividen en cinco. Cinco son a parte mala, e outros cinco a parte boa, por iso lle chamamos “Contrapunto”. 
 
Como xurdiu esta idea? 
Esta idea xurdiu porque queriamos facer un proxecto, producilo nós. Comezamos a traballar, a facer pezas e vimos que poderían ter conexión unhas pezas coas outras. 

E onde buscaron a inspiración para a creación destes dez temas contrapostos? 
No día a día, nas cousas superbanales. En cousas como que che fagan algo mal e che sente mal... Fomos buscando pezas tradicionais, que tiveran o enfoque que nós queriamos, xuntando unhas cancións con outras, incluso facendo as nosas propias creacións. Eu creo que o que inspira a unha persona son o propio día a día e os seus sentimentos.

Neste traballo introducen un punto máis crítico na súa música. 
Si, ten un punto máis crítico porque, sendo mulleres e no mundo no que vivimos, hai que ter ese punto, tanto por ser mulleres como pola opresión que hai hoxe en día. Quixemos quitar o cliché de que a música tradicional non pode contar historias ou non se pode escoitar as súas letras e ver o que din. 

E como está a ser a resposta do público? 
Pois xenial, a verdade. Aínda que hai de todo, hai xente á que lle gusta e xente á que non. A maioría é xente á que lle gustou, que lle gustou o concepto. O disco é máis de raíz. Acolleuse moi ben o disco.

Nesa “Malquerenza” vese unha chiscadela a outros artistas, hai outras chiscadelas? 
A verdade é que nos somos moi fans de Rosalía, creo que calquera persona que ame a música, non lle ten que gustar específicamente o que fai Rosalía, pero si que alabar o seu traballo. Colleu unha música de raíz, coma o flamenco e a transformou en música de hoxe en día. Algunha pequena chiscadela vai nos títulos das pezas. Despois, tamén bebemos de músicos como poden ser Billie Eilish e escoitamos todo tipo de música e, en maior ou menor medida, vai impregnada na nosa música. 

Propostas como a súa, Vudú ou Baiuca achegan a música tradicional ás novas xeracións? 
Todo o que sexa innovar e non ter medo a facelo, achégaa máis aos nenos de hoxe en día. Os nenos son o futuro, son os que van a facer que a música tradicional persista. E, claramente, eses proxectos, como Baiuca, Vudú, Guadi facendo pop en galego,  Sés facendo a súa música...  achega a que consuman música galega e se acheguen á tradicional. l

Tanxugueiras | “Quixemos quitar o cliché de que a música tradicional non pode contar historias”

Te puede interesar