Sorpresas, textos inéditos e cervexa para o espectáculo de Oswaldo Digón

Sorpresas, textos inéditos e cervexa para o espectáculo de Oswaldo Digón
19 marzo 2019 página 37 A Coruña.- Fotografía del actor Oswaldo Digón

Sen desvelar demasiado, o humorista Oswaldo Digón ofrecerá hoxe, no Espacio Mahou, un espectáculo “sorpresa” no que probará “textos novos” e tratará de incluir algunha relación coa cervexa.

Serán dúas sesións curtas, ás 21.00 e ás 22.00 horas, nas que Digón quere facer algo especial para o público, sen descartar a improvisación. Aínda que cada sesión será “curta”, para pouco público e con opcións á interacción co público, Digón avisa entre risas que “durante la celebración de este espectáculo ningún animal sufrirá ningún daño”.

Digón é humorista e actor, pero tamén é guionista, e se lle piden escoller entre estar enriba ou tras o escenario, resposta que é como plantexar a pregunta de “a quien quieres más, ¿a papá o a mamá? no lo sé, los quiero a los dos, no me los quites”, explica entre risas. 

Aínda que un pouco máis serio detalla que desfruta das dúas cousas, do “marabilloso proceso creativo” que ten lugar cando traballa como guionista, “e desfruto moitísimo escribindo e xogando a ser eses personaxes”. Sobre o escenario “xogo a darlle vida a esas personaxes” e sae á superficie a faceta do público, “que ve esas escenas e personaxes que ti creas”. Son, polo tanto, dous procesos “totalmente distintos”, pero dos cales Digón desfruta “independentemente”.

Cando se lle pregunta pola súa traxectoria, di que lle gusta “presumir” de que leva cotizando como autónomo dez anos. “Fai dez anos que me dedico a isto profesionalmente, pero xa levaba tempo facendo incursións no mundo do teatro e do guión”, conta.

Leva dez anos nisto, “pero o mellor está por vir”, di, ao que engade que lle gustaría adicarse á interpretación e ao humor “toda a vida”. “Ademáis, agora ao xubilarte podes seguir creando coa normativa nova que saíu hai pouco, osea que non me xubilarei nunca, que marabilla”, explica sen poder esconder unha gargallada.

Sobre a evolución do humor neste dez anos comenta que “as cousas cambiaron moitísimo”, sobre todo polos medios nos que se transmite, “agora están as redes sociais e fálase de cousas novas”, pero o humor, como tal, “é o mesmo desde que está rexistrado na escritura e nas comedias gregas”, explica.

Referentes e influencias
“Todo o que pasa ao meu redor é unha influencia para min”, comenta Digón, facendo referencia a todos os compañeiros cos que traballou e sobre as situacións da vida que lle poden influenciar á hora de facer humor.

Se hai que citar referentes, “pódoche dicir que unha influencia é Antonio da Benita, pero non o coñeces porque é un veciño do meu pobo que di unhas cousa marabillosas, pero ao mesmo tempo podo dicirche Faemino e Cansado, nesa marxe pónlle todo o que caiba” volve a contar entre gargalladas. Porque incluso as situacións do día a día poden ser froito dun novo espectáculo seu.

Sorpresas, textos inéditos e cervexa para o espectáculo de Oswaldo Digón

Te puede interesar