A RAG e PuntoGal potencian a lingua cunha nova edición do certame de microrrelatos

A RAG e PuntoGal potencian a lingua cunha nova edición do certame de microrrelatos
el ideal gallego-2019-01-31-036-9ff6f7b6

A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal veñen de presentar a segunda edición do certame de microrrelatos que crearon o ano pasado co obxectivo de potenciar e reforzar a presenza da lingua e da identidade galegas na rede.


Durante todo o mes de febreiro, os interesados poderán presentar os seus textos, dun máximo de 200 palabras. Ao mesmo tempo, desenvolverase a campaña de promoción de PuntoGal, que permitirá rexistrar un dominio .gal para disfrutar del por período de dous anos a un prezo de 15 euros máis IVE. Unha nova convocatoria na que se pretende espallar a cultura e a identidade galegas por todo o mundo.


En 2018, o concurso de microrrelatos concedeu tres premios, pero observaron que na convocatoria, aínda que dos tres premios dous os gañaron menores, a maioría das obras presentadas eran de maiores de 18 anos, cunha importante diferencia de rexistro e nivel entre os participantes. Por iso, acordaron que para este ano, repartiranse nove premios, tres en cada unha das novas categorías -infantil, ata os once anos; xuvenil, ata os 17; e adulta, a partir da maioría de idade- que conforman o certame.

Identidade e lingua na rede
Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, falou sobre a importancia de que a lingua e a cultura galegas teñan presencia no mundo dixital, ademais de loar o que supón o dominio .gal para a súa proxección. “O futuro da lingua, da cultura galega e a propia comunidade pasa por estar presente nas novas tecnoloxías da comunicación e a iniciativa .gal constitúe un dos elementos máis ilusionantes dese proxección nos últimos tempos”, expresou.


O presidente de PuntoGal, Manuel González, incidiu na necesidade da utilización do dominio .gal, tanto para os galegos de dentro coma de fora do territorio. “Este tipo de iniciativas fomentan a cohesión social, ademais de defender e promocionar a cultura”, engadiu o tamén académico. Ademais, insistiu noutra característica de .gal, a súa vontade de sumar e colaborar.

O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou que agardan chegar, polo menos, aos 400 textos presentados no ano pasado. Ademais de superar pronto a barreira de 5.000 dominios rexistrados que, segundo apuntou, “faltan só 30 para chegar, o que nos facilitará mellorar os prezos e continuar a política de promocións”. PuntoGal, entidade sen ánimo de lucro, “reinviste o que gaña en proxectos de fomento da lingua”, como o ano pasado, coa tradución ao galego do navegador Firefox..

A RAG e PuntoGal potencian a lingua cunha nova edición do certame de microrrelatos

Te puede interesar