A química e a interpretación mestúranse nos monólogos que ofrece a actriz Carmen Méndez

A química e a interpretación mestúranse nos monólogos que ofrece a actriz Carmen Méndez
El Ideal Gallego-2019-07-10-036-d7db90d0

Enxeñeira química de primeira profesión, actriz por vocación, monologuista en prácticas e deportista nos ratos libres. Carmen Méndez é quen de facer todo isto e máis, pero hoxe será o turno da súa faceta humorística e ofrecerá dúas sesións de monólogos no Espacio Mahou Coruña ás 21.00 e 22.00 horas.

En principio serán dous shows coa mesma base, pero que poderán ir mudando coa interacción co público. Sen tratar de desvelar moito sobre o monólogo, conta Méndez que o comezo do show trata sobre os seus estudos universitarios e como comezou no mundo da actuación.

Foi no grupo de teatro da universidade cando foi obxecto do frechazo da interpretación e cando se decatou de que era “o que quería facer” no futuro. Compaxionou o traballo como enxeñeira e a interpretación, ata que “chegou o momento de apostar polo que realmente quería facer, que era a interpretación”, pero asegura que foi unha boa decisión “e nunca me vou arrepentir”. 

Considérase a si mesma como monologuista en prácticas, xa que leva “relativamente pouco tempo nisto”. Na actualidade, compaxina o humor cos seus traballos no audiovisual. Precisamente conta que ten un papel na serie “Auga Seca” “que se está a rematar de gravar a primeira tempada”.

Ambas as dúas facetas “teñen o seu encanto”. Os monólogos teñen o punto do feedback inmediato, “a adrenalina instantánea”, pero “o cine e o audiovisual gústame moitísimo, quizáis agora mesmo é o que máis desfrtuto”, conta Méndez.

Música e deportes 
Méndez estudou tamén violín no Conservatorio de Lugo, “aínda que agora o teño un pouco abandonado e dame pena”. Conta entre risas que fixo “moitas BBC, bodas, bautizos e comuniones”.

Formou parte dunha rondalla con familiares e incluso tocou xunto á Orquesta Gaos nunha ocasión.

Durante a súa estancia en Madrid tamén se adicou ao fútbol. “Xoguei nun equipo de segunda rexional, en plan serio, federada e todo, pero agora estou retirada”, di Méndez. Agora tamén atopa tempo para xogar ao pádel nun equipo coruñés. “Non fai moito que xogo, pero enganchoume moito e, aínda que vivo en Santiago vou a xogar co meu equipo, que é da Coruña”, relata.

Logo da súa actuación de hoxe no Espacio Mahou, Méndez toma un descanso dun par de semanas ata visitar, o día 8 de agosto, Rianxo con outro monólogo e “hai algún máis, pero todavía sen confirmar”, explica Méndez.

A química e a interpretación mestúranse nos monólogos que ofrece a actriz Carmen Méndez

Te puede interesar