Pequenas historias cotiás da Torre contadas a través do obxectivo de Pepe Ventureira

Pequenas historias cotiás da Torre contadas a través do obxectivo de Pepe Ventureira
El Ideal Gallego-2019-07-06-036-c37a9bfd

Un lugar moi especial para Pepe Ventureira, como os campos da Torre de Hércules, convértese no protagonista principal da nova mostra fotográfica, denominada “Pequeñas historias”, que inaugurou onte no Atelier de Fotografía e que se poderá visitar ate o próximo 15 de agosto.

As pequenas construcións de madeira que habitan os arredores da Torre foron o obxecto de atención de Ventureira durante anos, “pero non tiven a sensación de que puidera sacar algo delas, fotográficamente, claro”, di.

Hai uns tres anos, percatouse de que estas construcións eran o lugar de reunión de pequenos grupos, “de dúas ou tres persoas”. Un avó que aconsella ao seu neto, ese mozo que se achega coa súa noiva, persoas contemplando o ir e vir do oceáno, en definitiva, pequenas situacións que quedaban “na retina” do fotógrafo.

Esta serie de microhistorias “que configuraban parte dos meus paseos pola zona, parecíanme interesantes” e conforman esta serie que presenta no Atelier.

Conta Ventureira que para este proxecto utilizou angulares e gran angulares, “porque non me interesan os primeiros planos para nada, senón situar esas personaxes dentro dese entorno que tanto me fascina”, explica.

A historia váise facendo “por si mesma”. Ventureira é aquí un simple observador. “As historias transcurren independentemente de min e nin sequera comparten a miña presencia na maioría das veces”, conta.

Ventureira trata de presentar estas esceas dunha maneira “limpa”, que non teña máis problema para entendela que “o simple feito de mirar para os habitáculos de madeira e as persoas que hai na foto, e que sexa entendible”, explica o propio fotógrafo. Para lograr esta limpeza deixa a un lado as cores e fai unha aposta polo branco e negro.

O fotógrafo é consciente de que cada individuo que vexa a serie tratará de construir a súa propia historia coas imaxes que el presenta. “Cada un dos espectadores terá o seu punto de vista e igual para eles o significado é diferente do que eu creo, pero esa é a posta en valor que eu trato de facer, que o espectador participe con esas miradas e faga a súa historia como propia”, comenta.

Composición 
Estas fotografías foron tomadas nos últimos tres anos e, aínda que algunha formou parte doutras mostras, é a primeira vez que Ventureira as expón xuntas nunha serie.

En total, conta que fixo máis de 600 instantáneas que pasaron varios procesos de escolma. No primeiro quedaron en 50, logo en 25 e, por último, nas 20 que conforman “Pequeñas historias”.

Pequenas historias cotiás da Torre contadas a través do obxectivo de Pepe Ventureira

Te puede interesar