Moncho Borrajo trata de deixar a política a un lado nun monólogo que preparou só para A Coruña

Moncho Borrajo trata de deixar a política a un lado nun monólogo que preparou só para A Coruña
29 septiembre 2016 página 37 / 01 abril 2017 página 19 A Coruña.- Moncho Borrajo traerá al Colón la obra Madre mía! Cómo está España!

“Un monólogo un pouquiño adornado”, esa é a definición que escolle o humorista Moncho Borrajo para definir os dous espectáculos que ofrecerá na sede de Afundación mañá e o sábado, ambos días ás 20.00 horas.

Preséntase él só, “en pantalón e camisa” para “tentar facer rir un pouco á xente durante hora e media”. Este espectáculo terá “moi pouquiño, case nada, de política, porque a xente xa está un pouco cansa”, comenta Borrajo, aínda que matiza rápidamente, “bueno, algo haberá, porque sempre hai un cambio de Goberno ou unha nova elección ou caralladas desas que hai sempre”, conta Borrajo entre risas. O que si é certo é que será un espectáculo menos incisivo, políticamente, do que é habitual en Borrajo.

Conta o humorista que non quere facer spoilers dos monólogos que ofrecerá, mais precisamente o tema dos spoilers “e o inglés ese que tentan falar sobre todo os máis mozos, que en realidade non saben inglés, pero logo usan esas palabras como spoiler”, serán algúns temas a tratar.

Este espectáculo está feito “especialmente” para A Coruña, “non creo que se faga en ningún sitio máis, porque noutros sitios estou facendo outros monólogos”, di.

Actualidade e traxectoria

“Sigo pensando que fago un humor sinceiro, directo, que non ten nin trampa nin cartón”, relata o propio Borrajo sobre o seu estilo.

Pero afirma que tamén deixará un espazo no seu monólogo para  meterse “con este momento do políticamente correcto que estamos a vivir hoxe en día e que é tremendo porque é a maior censura que eu vivín na miña vida”.

Sinala que tras unha das súas actuacións unha señora chamouno “homófobo” por un dos seus chistes. “Se xa non me podo rir de min mesmo xa non sei que me queda”, di.

“No humor últimamente temos que andar fíando fino porque se ofende todo o mundo enseguida”, explica o humorista, “hai que andar con pés de plomo”, engade.

Aínda así, botando a vista cara atrás para repasar a súa extensa traxectoria, de case 50 anos, fai un balance positivo. “A verdade é que non me podo queixar, non tiven nestes anos ningún baixón de xente, e xa vamos por tres ou catro xeracións”, afirma Moncho Borrajo.

Neste país “non é facil estar arriba tanto tempo”, di, e trata de pór exemplos actuais para comparar, como Operación Triunfo, “van 100 rapaces e ao final so quedan dous”.

Comenta Borrajo que é moi difícil aguantar tanto tempo “co chisqueiro encendido” e seguir atopando novas formas de contar cousas que lle resulten graciosas ao público.

Moncho Borrajo trata de deixar a política a un lado nun monólogo que preparou só para A Coruña

Te puede interesar