sábado 19/9/20

Marcos Viso | “Eu non o sei, pero ogallá que este libro axude a levar o loito”

Escritor e ilustrador, acaba de publicar “O meu baleiro”, en Hércules de Ediciones, no que reflexiona sobre as dificultades e as distintas maneiras de vivir a perda dun ser querido
O autor de “O meu baleiro” naceu en Ourense en 1973
O autor de “O meu baleiro” naceu en Ourense en 1973

Marcos Viso (Ourense, 1973) é arquitecto técnico e ten más de dez libros publicados, ben como autor dos textos ou das ilustracións. Agora cambia de rexistro con “O meu baleiro” (“Mi vacío”, na edición en castelán) para falar do valor da amistade e da importancia de renunciar ao orgullo para deixarse axudar ante una perda, como as que se están a dar por mor do coronavirus.

Non semella que sexa unha temática especialmente alegre para público infantil ou xuvenil. 

Non, pero os cativos tamén viven na mesma realidade que os adultos e non todo é alegre e de cores. Os mozos teñen que ler de todo e non ten porque estar vedado cuestións que nos poidan parecer máis sesudas ou reflexivas. A idea de facer este libro xurdiu como puido xurdir a idea de facer calquera outro. Era unha inquedanza que había aí dentro do autor e había que votala fora. E boteime cara a diante co “interruptus” este do Covid-19. Este libro era para saír en marzo e houbo que esperar ata agora.
 
Xa admite que a idea de “O meu baleiro” estaba aí antes da chegada da pandemia pero o que é indudable é que a cuestión do loito e a dor ante a morte está de plena actualidade. 

Digo que non estaba pensado porque o libro xa estaba rematado hai máis dun ano pero tamén é indudable que a morte é un tema universal, quizais o máis universal de todos. Acae ben, entre aspas, porque falar de acaer ben nuns momentos en que está tan presente a morte pode ser de ata mal gusto. O que quero deixar claro é que non escribo para concienciar ninguén, escribo e debuxo porque o necesito e para sentirme ben. Desgraciadamente o libro coincide no tempo coa situación na que nos encontramos e aproveitando que está aí pois se cadra ata pode axudar a alguén. Pero axudar pódese facer de moitas maneiras. Desde o propio entretemento ata potenciar certa reflexión. Se axuda, benvido sexa. 

Non é tamén contradictorio o que di de que unha sensación de dor pode chegar a convertirse nun recordo agradable? 

Xa dixen antes que eu non trato de marcar unhas pautas, nin establecer un protocolo, nin un calendario para afrontar o loito, nin o baleiro que deixa un amigo. Non é esa a pretensión do libro. Aínda máis, cando comecei a escribilo non había ninguna experiencia de perda  o meu alrededor e foi acabalo e virnos esto enriba e marcharon tres personas. Eran tres mulleres velliñas pero morreron. E, ante esto, que fas? Vives permanentemente na dor? A vida continúa  e esas persoas ao final quedarán presentes no recordo e acabarás disfrutando daqueles recordos. Por eso esa reflexión de que quedan anacos agradables que che aportan moito. 

Comentou anteriormente que esta obra non pretende aconsellar nin tampouco é autobiográfico, pero considera que pode chegar a axudar a xente? 

É moi pretencioso, non son capaz de dicir que me podo poñer no sitio de outro. Só podo falar do que sinto eu cando leo libros e o que me producen. Se soubera cada vez que escribo o que van significar para os demais, escribiría libros para vender e poder vivir de esto. O que é indubidable é que todos os libros deixan unha pegada. O fermoso deles é que cada lector vive as verbas como propias, dalgunha maneira xestiona el a mensaxe. Se vale para que calquera persoa, de calquera idade, se entreteña un ratiño e lle vale para que ter unha experiencia que trascende o que está a vivir, sería fantástico. Creo que todos estamos pasando por momentos de moita ansiedade, porque non sabemos que vai pasar mañá e se a alguén lle vale para entreterse un pouco, insisto, será fantástico. Profundizando no que preguntaches de se pode axudar a levar o loito nestas situacións, eu non o sei, ogallá que si.

Marcos Viso | “Eu non o sei, pero ogallá que este libro axude a levar o loito”
Comentarios