Ledicia Costas presenta “Infamia”, unha novela sobre violencia cun gran pouso de humanidade

Ledicia Costas presenta “Infamia”, unha novela sobre violencia cun gran pouso de humanidade
el ideal gallego-2019-06-11-036-42d3addc

A escritora Ledicia Costas presentou onte na libraría Moito Conto a súa última novela, “Infamia”, unha obra “sobre a violencia, en todas as súas versións, pero tamén cun gran pouso de humanidade, onde as emocións están por riba dos feitos”.


Costas é unha escritora que, aínda que con incursións en obras para adultos, destaca pola súa aportación á literatura infantil e xuvenil, mais con “Infamia”, adéntrase nun xénero cercano á novela negra, aínda que a propia Costas asegura que ela non a clasificaría dese modo.


“Para min “Infamia” non é unha novela negra, é unha novela con moita carga psicolóxica, por iso eu creo que a mellor definición sería a de thriller psicolóxico”,  comenta Costas.


“Infamia” trata a historia de dúas desaparicións e está protagonizada por Emma Cruz, unha abogada que é trawsladada á parroquia de Merlo (Vigo). Ela “será a encargada de tirar do fío para saber que sucedeu”.


Ledicia Costas estudou Dereito, pero o seu sentido da xustiza non era o mesmo que vía nos xulgados e deixou o dereito pola literatura. Ese pasado vencellado ao Dereito, reflíctese dalgún xeito na protagonista de “Infamia”, ao ter a novela un forte trasfondo de dereito penal, a materia que más “enchía” a Costas.


A novela, e a propia Costas, están moi influenciadas por crimes reais como o de Marta del Castillo ou os casos de abusos relatados polo pianista James Rhodes.

Influencias e evolución 
Nas súas obras anteriores, Costas sinalaba a artistas como Neil Gaiman, Jules Verne, Hayao Miyazaki o Akira Toriyama como as súas influencias, mais en “Infamia” tamén se deixou influenciar por outras vertentes como a música de Massive Attack ou The Smiths, ou as novelas de Tomas Harris, pero sen deixar de lado os antes citados.


Dende a súa primeira obra e esta última pasaron 23 anos, un temo no que Costas se foi “curtindo” e “decidindo cara onde quería ir”. “Imaxina todo o que pode aprender alguén en 23 anos, e o que me queda por aprender, e por escribir”, di Costas. “O máis bonito foi enfocarme cara a literatura infantil e xuvenil, que me ten dado moitísimo, máis do que eu agardaba”, conta, ao que engade, “teño un público absolutamente marabilloso, que ata hai alumnos de secundaria que están mercando “Infamia””, sinala a autora. “Esta viaxe foi marabillosa e espero que se sigan abrindo novas portas”, finaliza.


“Infamia” é unha novela en galego e será traducida ao castelán, idioma no que se publicará en outono. Costas conta que en outubro publicará outra obra infantil, “Conexión macarrón” e, que durante o verán, escribirá a segunda parte de “A señorita Bubble”.

Ledicia Costas presenta “Infamia”, unha novela sobre violencia cun gran pouso de humanidade

Te puede interesar