Dios Ke Te Crew | “Todo o mundo está ensimismado, pouco levanta a cabeza do que son as redes sociais”

Dios Ke Te Crew | “Todo o mundo está ensimismado, pouco levanta a cabeza do que son as redes sociais”
El Ideal Gallego-9999-99-99-999-3f5bf893

Tras unha tempada sen traballos do grupo, Dios Ke Te Crew voltaron, sen deixar de lado as súas críticas ácedas e satíricas da sociedade na que vivimos.

Este novo traballo, que leva por nome “O ciclo da Serpe”, será presentado esta noite, no Playa Club, do mellor xeito posible, cun concerto.  

Como xurdiu o regreso? 

Estivemos varios anos, non de retirada, porque estivemos facendo cousas musicais, membros do grupo de xeito individual ou producindo outros discos doutra xente, pero sí que tiñamos moitas ganas de volver. Estivemos metidos, sobre todo, na reconstrucción do noso estudio. Entón, estivemos todo este tempo moi metidos facendo o novo estudio e despois xa nos puxemos a grabar o disco. Motivos? Que tiñamos moitas ganas de volver, e punto (risas). Cousas da vida, de traballo... pois foi retrasando este novo disco.
 
Cambiou algo nestes anos? 

Non, eu creo que nós seguimos coa mesma enerxía e co mesmo prisma á hora de facer a música. Logo, co público, estamos supercontentos, porque cremos que estiveron aí agardando por nós. O que sí que vemos é que houbo moita renovación, moita xente nova que se vai enganchando a este tipo de música e que vamos vendo nos concertos, unha renovación da xeración, por así decilo. 

Sobre o disco, como nace “O ciclo da Serpe”? 

Estivemos dándolle moitas voltas. Ao final, sempre nos viña á mente, á hora de escribir, de pensar os temas, o concepto do cíclico e das etapas que se viven, e que se volven a vivir unha e outra vez. Hai varios temas que van baixo ese prisma. Aunámolo todo baixo ese nome, que é un uróboros que está condenado a comerse a sí mesmo, todo ese concepto de reinicio. 

Din que é o seu traballo máis maduro. 

Sí. Tanto no plano musical, como letristicamente, á hora de executar os temas nas gravacións, na música, na produción... eu creo que é un disco máis sesudo que o resto. Non é que o crea eu, e que o cremos todos os da banda. 

Pensamos que o interesante é decrecer, en varios aspectos, tanto de fabricación, consumo... Hai que voltar ás raíces para avanzar

Sobre as letras, comentan ­nunha canción que, como sociedade, pasaremos á historia neste milenio por comportarnos coma escoria. 

Sí, creo que é obvio. Estamos nun momento que todo o mundo está ensimismado, pouco levanta a cabeza do que son as redes sociais para mirar o que está cerca, vivimos coma nunha realidade paralela. Entón, obviamos o que está a acontecer, estamos moi ensimismados nesta nova relixión, que é a internet mal usada.

Noutra falan da necesidade de dar un paso cara adiante, refírense a vostedes ou á sociedade en xeral? 

Á sociedade en xeral. Nós tamén, por suposto. O que queremos dicir é que hai que dar un paso adiante, hai que ser valente, para decrecer, non para seguir crecendo exponencialmente que é o que se vende como o bo, crecer, crecer, crecer. Nós pensamos que o interesante é decrecer, en todos os aspectos, tanto de fabricación, coma de consumo... Creo que hai que voltar ás raíces para avanzar.

Falan do cambio político, de “país de estafadores” e de que un “facha de laranxa segue a ser un facha”, non cambiou nada dende a súa perspectiva? 

Cremos que non, só cambian as cores, os discursos xa estaban aí, o que pasa é que ao mellor eses discursos se dividiron e cada un trata de apropiarse da súa parcela, pero o discurso xa estaba aí, non cambiou nada, só tratan de facer unha renovación 2.0.

Con todas as críticas e represalias sobre o rap, teñen máis coidado ao compór as letras? 

Non, seguimos a mesma liña de sempre, tentamos que non nos afecten este tipo de cousas, Cremos totalmente na liberdade de expresión e así o mostramos nas nosas cancións.

Dios Ke Te Crew | “Todo o mundo está ensimismado, pouco levanta a cabeza do que son as redes sociais”

Te puede interesar