Belas Artes completa o discurso expositivo con 23 pezas de Sotomayor

Belas Artes completa o discurso expositivo con 23 pezas de Sotomayor
Son un total de 39 fichaxes procedentes do Prado, o Reina Sofía e o Círculo de las Artes de Madrid | quintana

Co adquirido, o museo de Belas Artes medra, porque, por unha parte, veñen a cubrir un baleiro sobre Sotomayor que a historia que se conta no centro pedía a berros e por outra, engade un toque atractivo en forma de cerámicas nas dúas pezas de Picasso, cedidas pola Consellería de Cultura, que se incorporan en vitrinas aos fondos e que teñen un carácter tan artesanal que ata os ocos dos cacharros os fixo o xenio coas súas mans. Onte presentaron as novas criaturas, que proceden dos museos nacionais do Prado e o Reina Sofía e do Círculo de las Artes de Madrid. Tamén de distintos particulares.  


Na posta de longo participaron o director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora do museo, Ángeles Penas Truque. Deste xeito, o centro de Zalaeta abre ao público varias das súas salas renovadas coas novas fichaxes, das que destaca un conxunto de 23 obras do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor depositadas polo Museo del Nacional Prado, e que son importantes pola súa vinculación por Galicia, a que coñece grazas a súa muller, polos prototipos que representa e a identidade. As 23 percorren a súa variada iconografía coa que completar e enriquecer os exemplos xa existentes na propia colección do museo. Xunto a estas, están obras doutros autores como Urbano Lugrís, Julia Minguillón, Lago Ribera, Xaime Quessada, Juan Luis López, Issac Díaz Pardo, Elena Gago, Manuel Molezún, Alberto Datas,  Román Navarro ou Isidoro Brocos, sumando un total de 39 pezas. 

Estes novos ingresos supoñen un enriquecemento da colección e permitirán á mirada completar un discurso expositivo. A reorganización de espazos axudará  a comprender mellor o mundo convulso de finais do século XIX e principios do XX, coas novas tendencias que marcaron o inicio da modernidade e o desenrolo das vangardas no século XX. Ademais da remodelación das salas, desde Belas Artes destacan a presentación da colección de numismática procedente de doazóns, adquisicións e depósitos.

Belas Artes completa o discurso expositivo con 23 pezas de Sotomayor

Te puede interesar