Como unha Barbie de plástico, baleira por dentro e hermética por fóra

Como unha Barbie de plástico,  baleira por dentro e hermética por fóra
el ideal gallego-2019-03-13-036-72e5c451

Paula Quintas presenta o sábado ás 20.30 horas “Plastic”, dentro do ciclo TRCDanza, no que abordará a superficialidade do mundo actual e como se fose unha Barbie, a bailarina aparecerá no estrado baleira por dentro e hermética por fóra. Emplasticada. Este elemento, que conserva e almacena, servirá para ir ás experiencias e emocións que se agochan no interior. Para esta peza en solitario, Quintas confía na directora e coreógrafa Rut Balbís e en profesionais como o deseñador de iluminación Afonso Castro e a deseñadora de vestiario Fany Bello. Serán 45 minutos de viaxe na que o corpo actuará como ferramenta transformativa, “non hai cambios de nada, é moi real e aberto”. Moi sensorial para atender a todo aquelo que non se e que se verá coa posta en escena da bailarina.

Pero antes, a artista estará hoxe cos alumnos da escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso de 17.00 a 19.00 horas, para traballar o corpo como soporte e lembrar unha disciplina, a do body art, que comezou a finais dos 70 para consolidarse nos 80 con artistas que tomaron a anatomía humana como lenzo que se move. 

A propia Quintas escolleu esta forma de facer como traballo de fin de carreira en Historia da Arte, no que investigou sobre as tendencias que levaron aos artistas a representar situacións físicas, “ligadas a iconos sexuais, a medos e inseguridades” ou a facer do body art un vehículo para a feminidade: “Gina Pane ten unha obra onde incidía con bisturíes, no que marcaba os catro puntos cardinais cos que reivindicou a orixe da vida”. 


En concreto, “Plastic” incide nesa idea autobiográfica, “nesas pegadas que levamos e esa imaxe artificial, porque todos temos un legado importante e as capas van saíndo ata chegar a unha liberación”. 


Neste contexto, conta Paula, a Barbie simboliza a perfección que se busca e desa investigación toda que brota con “Plastic” sairán as prácticas de hoxe na Pablo Picaso nas que se estudará o corpo como transformación, inmobilidade e soporte para levar os compoñentes ao papel e á escultura. 

Taller
Ademais, por segundo ano consecutivo desde o ciclo TRCDanza abren a convocatoria do taller de público(s) da man da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza e da artista e coordinadora do programa Caterina Varela. A primeira sesión terá lugar esta tarde ás 19.00 horas no Rosalía. Para participar, basta con escribir en www.pe-trcdanza.gal.

O obxectivo é compartir e conversar sobre as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea, acompañando a programación anual do apartado. Un convite a todas as persoas interesadas en ampliar a súa mirada de espectadores activos.

Como unha Barbie de plástico, baleira por dentro e hermética por fóra

Te puede interesar