Ánxeles Penas: “Na miña poesía hai moita música, coido a música do verso”

Ánxeles Penas: “Na miña poesía hai moita música, coido a música do verso”
Presentación de ‘Tríptico ártabro’ | Patricia G. Fraga

Ánxeles Penas (Teixeiro, 1943) é poeta e artista plástica. Conta cunha ampla traxectoria, na que publicou libros como ‘Galicia, fondo val’ ou ‘Amor deshabitado’. Onte presentou na Fundación Luis Seoane a súa obra ‘Tríptico ártabro’.

 

En que consiste a obra?
Este libro en realidade leva escrito moito tempo. Son tres libros reunidos nun. O máis antigo é ‘Galicia, meu señor’, que foi premio Cidade da Coruña no ano 1981. A segunda parte do libro que se titula ‘Os anais do vento’, xa fora publicado en París por Antonio Domínguez Rey, nunha revista que levaba el entón, tamén parte destos libros se publicaron na revista da Uned, Serta.

 

Por que se chama ‘Tríptico ártabro’?
Porque ten tres partes, que son tres libros fundidos nun. Os romanos cando chegaron a Galicia e coñeceron esta zona que vai desde A Coruña á ría de Ferrol, puxéronlle o nome de gran porto dos ártabros. A primeira parte do libro que se titula ‘Territorio’ comeza cun poema que sitúo neste gran porto dos ártabros o espacio cósmico no que eu estou que en realidade é a Torre de Hércules. Pero utilizo tamén a torre de Hércules como símbolo, a torre é un símbolo solar importantísimo.

 

O simbolismo é moi importante na súa obra? 
Móvome no mundo dos símbolos e moitas máis cousas tamén, claro, porque hai moitísimas imaxes na miña poesía que son imaxes visionarias, algunhas digamos que son incluso imaxessurrealistas, pero eu traballo moitísimo cos símbolos porque en realidade a vida e o universo, a terra, todo me parece un enorme símbolo que temos que descifrar e a miña poesía fala moito de todo eso. Tamén está na miña plástica, sí, lóxicamente, de feito acabo de facer unha exposición en Madrid que lle puxen o título de 

‘Percorrido simbólico’.

 

Diría que a poesía é un dos xéneros máis fermosos da literatura galega?
Os galegos somos fundamentalmente líricos. Galicia ten un lado fortemente lírico e tamén musical, de feito na miña poesía hai moita música, eu coido moitísimo a música do verso.

Ánxeles Penas: “Na miña poesía hai moita música, coido a música do verso”

Te puede interesar