Xosé Barato | “Por sorte, pódense contar a centos os intérpretes en Galicia”

Xosé Barato | “Por sorte, pódense contar a centos 
os intérpretes en Galicia”
Xosé Barato fai do máis pequeno dos tres irmáns na peza teatral

Queda nada e queda un mundo para que o efecto “leituga” mova a butaca o 6 e tamén o 7 de abril ás 20.30 horas no teatro Rosalía. Falta axustala como un reloxo, di Xosé Barato, un dos fillos que se sentará á mesa para debatir acerca do vexetal, que é o seu pai, e “cada un de nós que temos unha leituga que regar e á que darlle osíxeno”.

A obra de César Sierra que se estrea na cidade fala da morte e do dereito a decidir por ela, pero non xulga. Expón e é o espectador quen saca conclusións dunha posta en escena donde teñen prato ademais de Barato, Antonio Durán, “Morris”, Mercedes Castro, María Vázquez e Federico Pérez, dirixidos pola batuta Víctor Duplá, que fixo do difícil, algo sinxelo, segundo Xosé. Decatouse despois de lela varias veces que estaba moi ben escrita con “personaxes con moita carga e profundidade”, defendidos por nomes coñecidos da escena, nun país no que “por sorte, pódense contar a centos os intérpretes”. Sinala que basta con ver a serie de televisión “Fariña”. “Hai canteira”. Neste conto, Barato fai de Vinicio, o máis pequeno dos irmáns: “Os tres teñen en común cousas non resoltas relacionadas co pai. El é un bala perdida e o máis sensible de todos”. Barato conta que os tres teñen unha frustración que irán desvelando a medida que o diálogo flúa: “Son moi auténticos, pero con moita dor dentro”.


“A leituga” desvélase nun momento dado como ese pai que está tocado e ese marrón que vén inherente ao ser humano, “un problema vital”. Así que a comedia dramática ou drama cómico reflicte o concepto de familia e esas xuntanzas de Nadal de apariencia feliz, obras de teatro perfectas na que se respiran odios e discordias.

“A leituga” pon a ferver todos os ingredientes e fóra de ser panfleto, Barato asegura que se tocan os temas con naturalidade e humor desde ese punto de neurose dos protagonistas. Porque humor, recorda, pode ser “Agárralo como puedas” e ese estilo retranqueiro do que presume este recuncho, mesturado con cabreo e cinismo. Como envoltorio, a escenografía desconcerta igualmente, “é bastante realista, pero ten toques extremos como os irmáns e dúas parellas, que esconden e son fríos. Hai algo que non cadra”.

Xosé Barato | “Por sorte, pódense contar a centos os intérpretes en Galicia”

Te puede interesar