Xoán Eiriz atende a demanda dos seus no repertorio do seu novo álbum

Xoán Eiriz atende a demanda dos  seus no repertorio do seu novo álbum
27 diciembre 2011 página 18 / 19 julio 2013 página 14 A Coruña.- Foto horiziontal del cantante Xoán Eiriz

Xoán Eiriz vén de gravar o seu último disco, titulado “Dende as cordas do meu corazón”, no que a diferenza dos doce anteriores, son os espectadores quenes deciden os contidos a través de internet. Deste xeito, o resultado é ante todo ecléctico. Diferente, porque xunto a temas populares de Rosalía e Cunqueiro que o coruñés non se cansa de interpretar, están cancións universais como “My way” ou “Adagio” que el pasa ao galego nesa teima de amosar a grandeza da fala e de que chegar con ela a todos os recunchos do mundo.
É por iso que hoxe está escoitando o repertorio de Eiriz xente de Francia, Estados Unidos, Arxentina, Cataluña e Andalucía. Usuarios da rede que quedaron prendados do seu torrente de voz e que fan que a súa comunidade de fans no Facebook chegue aos 10.000. Como novidade, o artista introduce o portugués en tres temas que tocan a pataca como son “Lágrima”, de Amália Rodrigues, “Rosa Branca”, de Mariza, e “Aleluia”, de Leonard Cohen que despois de darlle voltas á cabeza para sacar a versión galega, acudiu a unha que se fixo no país veciño. Perfecto para os oídos.
Coa colección de clásicos de sempre no peto, Eiriz presentará oficialmente o traballo no Ágora. Para iso e tal e como ten como costume, destinará os cartos da taquilla a unha ONG que aínda non ten confirmada. Xoán recorda que en 2011 foi Terra de Homes a destinataria e as melodías transformáronse en bisturíes coas que puideron salvar a vida de nenos africanos que non teñen acceso a un sistema sanitario digno. Unha vez saiba quen recollerá o recaudado, Eiriz erguerá a súa voz unha vez máis en A Coruña para xirar o traballo despois por toda Galicia.
De momento, ten datas pechadas para Ourense, Lugo, Gondomar e Vigo. Para a ocasión, as  letras coñecidas por todos acompañaranse de piano, guitarra, violín, violonchelo, contrabaixo e percusión. No caso da actuación que dará na cidade, Eiriz contará con Rosa Cedrón, que xa colaborou en anteriores directos, e unha coral.
A actuación servirá tamén para repasar toda unha traxectoria que comezaba a andar en 1978 con “Sentimentos” cando Eiriz sentiu a necesidade de pasar ao seu idioma temas internacionais que soan aquí e acolá xunto aos Celso Emilio Ferreiro ou Curros, que forman parte xa da súa vida porque son tantos anos adicados á música que Eiriz non a pode entender sen eles. Os que lle deron motivos para coller un microfóno e darlle a opción ao público de degustar dos grandes éxitos na lingua do país. n

Xoán Eiriz atende a demanda dos seus no repertorio do seu novo álbum

Te puede interesar