Xesús Alonso Montero converterase no décimo terceiro presidente da RAG

Xesús Alonso Montero converterase no décimo terceiro presidente da RAG
o novo presidente atendã­a aos medios de comunicaciã³n dãºas horas e media despois de comezar o plenario na sede da rãºa de tabernas susy suã¡rez

Eran as dúas e media pasadas cando Fernández-Albalat poñía un pé fóra da Real Academia Galega. Había consenso. Minutos despois, Manuel González saía á porta para anunciar que el era o perdedor. Alonso Montero facíase co cargo de presidente despois de dúas votacións xa que na primeira as dúas candidaturas quedaban empatadas a doce máis unha abstención.

Isto obrigaba a facer unha segunda volta na que xa non tiveron validez as dúas papeletas enviadas por correo. Na definitiva, o catedrático vigués impoñíase á lista de Manuel González por doce votos diante dos dez que acadaba a proposta do de Mazaricos. O décimo terceiro presidente da Real Academia lembraba entón un vello telegrama con remitente escandinavo que chegaba á sede en 1907.

Procedía do escritor sueco Goran Böjrkman que lle desexaba a Murguía e a academia fundada por el: “Vivat floreat natio galaica”. O seu desexo de que a nación galega florecese era o mesmo que dicía sentir onte o recente nomeado responsable, quen sinalaba que para que iso ocorrera tiñan que florecer tamén as entidades do país pero que en todo caso “hai algo, un matiz na constitución histórica que só nós podemos entender e interpretar que é o idioma”, unha lingua na que escribiu desde Rosalía ata xente sentada ao seu carón. Por ela, o sociolingüista confiaba no corazón dos académicos “que non me votaron” para que estean á altura da cordialidade e intelectualidade como para crear un clima de concordia.

Alonso Montero facía un chamamento aos seus 27 colegas de cara a traballar ao servizo da entidade, que “non é a única institución ao servizo da lingua pero por lei é a máis comprometida coa sociedade e co país”.

Xesús Alonso Montero converterase no décimo terceiro presidente da RAG

Te puede interesar