A xeración Correlingua iniciará o 2 de maio unha carreira por un galego sen cancelas

A xeración Correlingua iniciará o 2 de maio unha carreira 
por un galego sen cancelas
A presentación tivo lugar na sede coruñesa | patricia g. fraga

“En galego, sen cancelas”. Este será o lema que leve a centos de nenos a coller as zapatillas e gañarlle unha carreira a todos os sectores que aínda fan oídos xordos a un idioma practicamente excluído en ámbitos como a xustiza, a publicidade ou o comercio. Porque se trata de facer ver a necesidade de que o uso da nosa lingua non se vexa limitado de ningunha maneira, o futuro do país vestirase de reivindicación.

Deste xeito, catro meses despois de recibiren o Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, un novo Correlingua presentouse na sede da institución. A liña de saída situarase en Monforte de Lemos o 2 de maio e o reto rematará o 16 na Estrada.

“Precisamos un esforzo conxunto porque esta é unha carreira de fondo”, dixo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, na presentación.

A tamén responsable da área de Normalización Lingüística e Cultura animou á que chamou “Xeración Correlingua” a seguiren mostrando “alegría e entusiasmo” na defensa da lingua porque “cando esa enerxía é colectiva si que avanzamos e chegaremos o momento en que neste país se poda desenvolver a nosa vida plenamente en galego”, apuntou nun acto en que participaron nenas e nenos e mozas e mozos que gañaron os tres concursos vinculados ao Correlingua, o de banda deseñada, o de vídeo e o manifesto.


Por parte da organización do Correlingua o acto estivo conducido por Marta Dacosta que destacou o protagonista do alumnado nesta iniciativa que sae á rúa para defender o dereito a desenvolver a súa lingua en galego e que rematará cunha festa final en que participarán Isabel Risco e Luís Caruncho.

Agradeceu Marta Dacosta o apoio das institucións que colaboran na actividade, concellos e as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, presentes no acto, e lamentou que non todas se impliquen no “apoio á iniciativa a favor da lingua maior que se realizan”, indicou.

Representantes
Na presentación interviñeron tamén o secretario nacional da CIG Ensino, Anxo Louzao, o presidente da AS-PG, Xoán Costa e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira ademais dos deputados Xosé Leal e Pablo Rivera.


No acto entregáronse os diplomas ao alumnado gañador dos diferentes certames: o de Banda Deseñada ao alumnado do CEIP Manuel Luís Acuña de Ourense, o de Vídeo ao alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal e o concurso do Manifesto ao alumnado do CPI Afonso VII Caldas de Reis, Pontevedra.

A xeración Correlingua iniciará o 2 de maio unha carreira por un galego sen cancelas

Te puede interesar