“A xente párase pouco como para escoitar un disco enteiro”

“A xente párase pouco como para escoitar un disco enteiro”
El Ideal Gallego-9999-99-99-999-4e33d135

O músico coruñés Brais Morán comeza unha nova etapa en solitario. Despois de facer ruído á  fronte de Loretta Martin, o artista decide deixar a compañía a un lado para emprender o capítulo máis persoal de todos: “Tiña moitas ganas de facer unha cousa absolutamente miña”. E na que os seus únicos compañeiros son a rabia que lle producen as inxustizas que barnizan o mundo e a enerxía que sae da súa guitarra: “Os temas teñen unha carga poética”. Morán despréndese do funky e do rollo bailable que caracterizaba o seu anterior grupo. Múdase de roupa e enfúndase un traxe melancólico que lle leva a baixar ao underground tal vez e non deixa de ser rock.
O resultado do experimento poderá verse por primeira vez o día 31 na sala Garufa Club. Para a ocasión, Brais acompañarase de xente. Miguel Queixas estará co control das baquetas, Denís co baixo e Manu Seoane, tocará a guitarra eléctrica.
Conta o músico que o seu debut pedía banda. Antes de que isto ocorra, o novo de Morán pode escoitarse nun single “En Paz”, que reflicte as intencións de quen decidiu con 31 anos voltar á escena sen ningún compañeiro da man: “De momento vai moi ben”, sinala, e a idea é editar un disco con todas as cancións da nova remesa.
O feito de publicar nada máis que un dos temas con videoclip responde ás novas tendencias de deixar aos padales melómanos un regustillo na boca para que sexan eles os que vaian a por máis. Tamén vén marcado polo ritmo actual: “A xente párase moi pouco como para escoitar un disco enteiro”. Deste xeito, “En Paz” funciona de carta de presentación dun novo percorrido pola música onde todo é da colleita de Brais e tamén caben as adaptacións e unha homenaxe a Rosalía: “A canción fala de todo o que me pasou atrás. Recopilo a miña vida nos últimos anos”.

en galego
Neste aspecto, recoñece que ten ctuado só, “pero case nunca con repertorio propio”. Máis ben todo o que interpretou en solitario foi música brasileira e versións de Bob Dylan. Di que o estilo que presenta agora respirará tamén de ritmos étnicos e ramalazos pop. Todo en galego porque, como sinala, “nunca me plantexei facelo en outras linguas”. Esperando así a ver a reacción da xente. “O mellor é non ter expectativas”, asegura.
No videoclip, Morán contou coa axuda de Omar Rabuñal na dirección e Arturo Vázquez e Miguel Queixas, na produción. Ademais do directo da Coruña, dará un concerto o 15 de novembro en La Reserva de Carballo e o 29 de xaneiro estará no Salón Teatro de Santiago. Para preparar a tempada de verán festivaleira e ser unha opción máis na poboada selva musical do país. Para saber de que se trata, o espectador terá tan so que ir até: https://www.facebook.com/braismoran. De momento, xa son máis de 1.600 os que o fixeron.

“A xente párase pouco como para escoitar un disco enteiro”

Te puede interesar