xan lestón: “Eu tiña unha confianza de medo no director da miña sucursal que me chamou”

xan lestón: “Eu tiña unha confianza de medo no director da miña sucursal que me chamou”
xan lestã³n operario de refinerã­a jubilado

 “Foi todo pola confianza que tiña a ese señor, o director da Caixa Galicia de Orillamar 43. Eu lle decía sempre que non me metera en cousas raras, porque eu teño un fillo arquitecto e outro aparellador e ao mellor o diñeiro facíalles falta para montar un estudio. Eu tiña unha confianza de medo en el e el dicíame ‘non te preocupes, non te preocupes. O único que pasa e que é por cinco anos’. Os merquei en 2009 e el non me dixo que eran preferentes, so que caducaban no 2014, e que os primeros anos dábanme o sete e medio e o dous últimos, o tres e medio. Tiña tanta confianza que non podía pensar que eu as tiña e fun as primeiras manifestacións das preferentes sen sabelo, so por apoiar aos demáis. E cando me enterei de que eu tamén as tiña... Ainda non lle dixen moito, pero a miña muller foi alí e montou a de Deus e lle berraba: ‘Canto che deron? Canto che deron?’. El dixo que tamen o tiñan engañado, pero despois daquilo non lle crin nada. Levoume 30.000 euros”.

xan lestón: “Eu tiña unha confianza de medo no director da miña sucursal que me chamou”

Te puede interesar