As vantaxes de verlle a cara ao agricultor e comer de hortas de 50 kilómetros á redonda

As vantaxes de verlle a cara ao agricultor e comer de hortas de 50 kilómetros á redonda
Copia de El Ideal Gallego-2015-07-13-009-82fafec8

Son 140 unidades de consumo que non se limitan a encher a cesta da compra de produtos ecolóxicos. Os cooperativistas de Zocamiñoca van ata a horta do veciño que os suministra. Axúdanlle a plantar e concienciados de que con verduras frescas e alimentos que seguen os patróns de consumo responsable se vive mellor, dan charlas para facerllo ver aos que están ao lado. 
O colectivo, que acaba de subir ao estrado a recoller o Premio aos Valores Cooperativos, que concede a Consellería de Traballo a través a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, traballa dende hai sete años por levar un estilo de vida non contaminado. 
Un dos socios, Marcial Blanco, conta que entre todos deciden a cantidade que queren dun e de outro produto. Elixen aos que lles facilitarán a mercadoría, que en todo caso, non pasan dos 50 kilómetros á redonda, e se se trata de outro tipo de alimentos a granel, falan directamente cos distribuidores. E así como o arroz co que fan as paellas vén de Navarra, as legumes do Bierzo e os pistachos, de Castilla La Mancha: “Pouco a pouco imos abrindo o abanico”. 
A distinción que recibiron da Xunta non vén máis que a confirmar un proceso que leva aos membros a adoptar un xeito de vivir máis san. Marcial conta que en canto ao café ou o chocolate, mércanos ao comercio xusto. Para entrar no círculo, os socios teñen que aportar 150 euros, que se poden pagar a prazos, ademais de outros oito que lles dan acceso a consumir e poder sufragar co diñeiro de todos os gastos, que acarrea o feito de abrir o seu local de avenida dos Caídos, 199, dúas veces á semana e ir ata as hortas e carrear os pedidos. 
Ser socio implica tamén un activismo, que se reparte en grupos aos que se lle pide, entre outras cousas, a xestión da web www.zocaminhoca.org e das actividades que levan a cabo. 
Aínda que Marcial aplaude o auxe das tendas ecolóxicas na cidade, entende que é positivo por iso de que non entra o sulfato no que se está levando a casa, pero ten un dobre fío xa que “hai multinacionais do ecolóxico que importan un gran cantidade de cousas”. 
Por desgraza, conta o socio un fai uso delas como se fose un supermercado. Non hai máis compromiso, en moitos dos casos, ca bandeira do ecoloxismo. Por iso, cómpre mirar a etiqueta do que se vai pagar á caixa para comprobar a súa procedencia. 
Neste caso, Zocamiñoca fomenta a economía local. Blanco sinala que o cooperativismo medra paseniñamente en todos os ámbitos e hoxe en día, os emprendedores ven nista forma de facer unha saída para as súas ideas. 
Dende mozos recén saídos da facultade a persoas de 70 anos, unha franxa de idade aos que lles resulta difícil explicar as vantaxes deste xeito de montar a súa economía doméstica, a cooperativa está orgullosa de ver neles un proceso de transformación. Aínda que a base está na dieta, “moitos pasan de comer conservas a verduras da horta”, tamén comentan entre eles receitas que se animan a preparar, coñecen xente e “van vendo o que vale comer ben”. 
Entre ser cooperativista e consumidor de produtos ecolóxicos, Marcial ve unha diferencia xa que a primeira condición favorece economicamente ao que se fai día si, día tamén con esta mercadoría. Non compensa, en troques, ao que pica só de vez en cando, pero o feito de sumarse á plataforma fai que a maioría deixen de mercar os que son tratados con química. 
Asociarse a Zocamiñoca dá un empurrón para que o consumo puntual pase a converterse en habitual porque “ves a cara de a quen lle estás comprado e a túa saúde mellora”. Neste punto, Marcial asegura que “o proceso ten que ver con cada persoa”. Eles dan a opción de ir á horta máis próxima a abastecerse de elementos vexetais que saben mellor e non están tocados por pesticidas.

As vantaxes de verlle a cara ao agricultor e comer de hortas de 50 kilómetros á redonda

Te puede interesar