Uxía, Carlos Blanco ou María Pujalte cantarán sobre “CoraSóns” no Colón

Uxía, Carlos Blanco ou María Pujalte cantarán sobre “CoraSóns” no Colón
carlos blanco, pablo vidal, uxía e magín blanco interpretaron un dos temas da montaxe leire lópez

O espectáculo “ CoraSóns” nace do momento en que a cantante Uxía descobre en internet unha páxina cuberta cunha coraza de corazóns ocasionais, que a fotógrafa portuguesa Isabel Leal foi apañando coa cámara. Espallados polo mundo. Ela foi recopilándoos en pintadas. Nas portas e no chan. De aí que a Uxía se lle ocorrese facer un concerto inspirado neses corazóns. Para falar de algo que moitas veces se olvida sen caer na ñoñería. Sendo consecuentes co que este músculo é capaz de provocar. Aí metido onde ninguén o ve.

E o proxecto foi medrando até converterse en “CoraSóns” onde hoxe en día están inmersos máis de 20 artistas, músicos e actores, e onde tampouco faltan cardiólogos. En concreto, contaba Carlos Blanco, Belén Cid cantaralle a aquelo co que traballa e a música namorada soará en galego e portugués a través dunha serie de artistas que planearán o xoves sobre o Colón, ás 20.30 horas.

O grupo Couple Coffe, Joâo Afonso, o mesmo Carlos Blanco, Magín Blanco, Quiné Teles, Sergio Sales, Sergio Tannus, Manuel e Inés Salselas, Alina Frazâo, Chus Domínguez ou María Pujalte, entre outros, cantarán historias doces e amargas para nomear a aquela parte do corpo que “nos fai a vida imposible e agradable”, sinalaba Uxía.

Contaba a cantante que a montaxe colleu forma unha vez que chegaron ao “Maus Hábitos” de Porto. Alí decidiron nutrir o repertorio de máis corazóns para desprazarse á Illa de Arousa a gardalo todo nun documental, baixo a chave de Paco Abelleira.

A peza pasábase por vez primeira o pasado 15 de novembro no Festival de cine Cineuropa. Agora que toca expandilo, a idea é que o DVD saia ao mercado en primavera xunto ao disco e un libro que conteña as fotografías de Isabel Leal, que tamén estará no Colón. Segundo Uxía, están negociando con distintas editoriais para que “CoraSóns” teña unha presenza física. Antes, pasará en formato directo. Rebozada dos acordes dunha banda con Pablo Vídal á cabeza. O músico dicía onte que era un gustazo tocar con todos eles e acompañar ás voces. De persoas que contan unha historia de amizade. A través de temas compostos para a ocasión e que están ligados á lusofonías. Con artistas galegos, portugueses, angoleños e brasileiros. Para facer unha paella de corazóns nun auditorio que, segundo a artista Uxía, se despedirá do mundo cunha festa.

As entradas pódense adquirir na páxina do teatro Colón, www.teatrocolon.es e en www.servinova.com. Ademais, tamén están dispoñibles na praza de Ourense e no centro sociocultural de Novacaixagalicia. As localidades poderanse mercar tamén o mesmo xoves no despacho de billetes do teatro Colón.

Uxía, Carlos Blanco ou María Pujalte cantarán sobre “CoraSóns” no Colón

Te puede interesar