Un magosto de instantáneas

El Ideal Gallego-2011-11-13-013-98783c83

 outono fotográfico exposicións

O Outono Fotográfico acampa en cinco sitios da cidade para ofrecer a mirada de profesionais con temáticas tan diversas que un pode abrir un ollo no barrio turco de Sulukule e botarse a durmir diante dunha serie de retratos do colectivo Posición B. Ademais, o curioso poderá recrearse con fotopoesía, naturezas artificiais e edificios que falan de vínculos.

Reportaxe de m.g.m.

Como se se tratara dun magosto de fotografías, a estación outonal depara ata cinco puntos no mapa para desfrutar observando instantáneas que tocan temáticas tan diversas que un pode despertar no barrio turco de Sulukule, almorzar vendo unha serie de retratos e pasear na tardiña diante de edificios anónimos.

O Outono Fotográfico traza no mapa coruñés cinco paradas. Cada unha cunha paisaxe totalmente distinta. Porque se os do colectivo Posición B –Ramón J. Iribarnegaray, Begoña Pastoriza, Eduardo Castro e Luís Ramírez– inciden nun dos paradigmas da foto como é o xénero do retrato, que postula que o obxectivo ten que ser unha especie de bisturí que atravese a alma, a casa museo María Pita convértese en soporte da instantánea que sabe a poesía.
O profesional Gustavo Roig presenta a mostra “Le monde habité”, para a que se vai ata o dolmen de Axeitos. De alí trae o silencio, a luz e a disposición das pedras en composicións que dan unha visión tal do lugar que un pode imaxinarse noutro tempo. Acompañado dos versos de François Davo. Para ir ata a casa museo Casares Quiroga e clavar os pés diante de edificios da área metropolitana de Barcelona que ben poderían pertencer a calquera área metropolitana. A idea do autor, Leonardo Fernández, é a de establecer un vínculo identitario coa casa de cada un en barriadas nas que apenas hai sinais.
Noutra punta da cidade, en O Castrillón, Joan Alvado amosa os últimos días dun asentamento xitano en Estambul, o de Sulukule, que foi xermolo de moitos músicos e cantaores. Pero por se alguén queda con ganas, o evento prolonga a viaxe ata o castelo de Santa Cruz coa mostra “La gran recolección”. Naturezas artificiais que falan de bodegóns modernistas. Caprichos. E centos de motivos para agrandar o maxín. En outono.

 

Un magosto de instantáneas

Te puede interesar