jueves 3/12/20

Un escaparate de preferencias

El Ideal Gallego-2011-11-01-012-5b0c116d

 teatro rosalía “‘E.R’ ALGÚN DÍA TRABALLAREMOS XUNTAS”

O teatro Rosalía condensará as distintas formas de ver a vida que ten a especia humana en torno a un traballo de investigación sobre a vida de Encarna Ribera. A última proposta de Teatro do Atlántico colle do estante un Premio Nacional de Literatura Dramática para soltar a dona envexa e dona amizade no mesmo escenario.

Reportaxe de marta garcía márquez

Teatro do Atlántico colle de prestado unha obra dos veciños cataláns para levar ao Rosalía dramaturxia da que catalogan como de palabra e emoción.

El Ideal Gallego-2011-11-01-012-5b0c116d

 teatro rosalía “‘E.R’ ALGÚN DÍA TRABALLAREMOS XUNTAS”

O teatro Rosalía condensará as distintas formas de ver a vida que ten a especia humana en torno a un traballo de investigación sobre a vida de Encarna Ribera. A última proposta de Teatro do Atlántico colle do estante un Premio Nacional de Literatura Dramática para soltar a dona envexa e dona amizade no mesmo escenario.

Reportaxe de marta garcía márquez

Teatro do Atlántico colle de prestado unha obra dos veciños cataláns para levar ao Rosalía dramaturxia da que catalogan como de palabra e emoción. Todo metido nun saco. Titúlase “‘E.R’ Algún día traballaremos xuntas” e ten a particularidade de que o espectador se sentará ao lado da señora envexa e da señorita amizade porque a peza se macera con tantos elementos como xeitos ten a xente de ver a vida.
É unha especie de escaparate das preferencias do ser humano. As que un elixe para si. O autor da obra Josep M. Bent i Jornet está considerado un dos grandes contemporáneos cataláns. O responsable de Teatro do Atlántico, Xúlio Lago, fala de que el foi unha das razóns polas cales escolleron a historia, que recibía en 1994 o Premio Nacional de Literatura Dramática. Esta pon sobre o escenario a tres actrices de profesión. Veteranas e unidas pola amizade que lle profesaban a unha cuarta xa falecida. Encarna Ribera.
Unha estudante de Arte Dramática contactará con elas para indagar sobre a vida real de Encarna á que ten que interpretar en teatro. É así como as circunstancias vitais de cada unha completan o mapa de personalidades que abundan no mundo e se unha primeira se guía para actuar segundo soe ou non o ruído dunha caixa rexistradora –fai series de televisión–, unha segunda decidirá os seus papeis canto máis arte sublime conteñan. Decántase polos clásicos.
Lago conta que a terceira das mulleres non ten nada que ver coas outras dúas porque se confesa incapacitada para asumir as esixencias do guión. Adícase a facer dobraxe.
No que si coinciden as tres é que todas pensan que a súa versión é a verdadeira sobre os aconteceres de Encarna. E sen sabelo as tres confeccionan a súa biografía máis íntima.
A compañía coruñesa ofrecerá tres funcións o venres, sábado e domingo no que será a terceira praza na que terán que lidiar cunha obra que “ten moitos asuntos de interese, de envexa e amizade, do prezo que tes que pagar polas túas eleccións”, ademais do interese dramático que encerran os catro personaxes. “Son fascinantes” polo xogo que dan e a facilidade que teñen de comunicarse coa butaca. O feito de seren intérpretes é unha desculpa, di o director, para visionar como de tensas están as cordas do mundo porque a través da investigación sobre a vida de Encarna Ribera “van saíndo as preferencias de cada persoa” e prodúcese unha gran dialéctica entre as vellas amigas.
A alumna de interpretación provoca sen querer un debate entre sentimentos encontrados. Opostos. Para dar paso a un universo de paixón creativa, de amor e incluso de lesbianismo, nunha peza laureada pola calidade dos seus textos que agora recala en Galicia, capitaneada por Xúlio Lago. As tres funcións comezarán ás oito e media da tarde.
Por outra parte, as catro protagonistas son coñecidas dabondo. Chámanse Manuela Varela, María Barcala, Luisa Merelas e Susana Dans e están dispostas a facer reflexionar. Algo case inaudito nos tempos que corren.
“‘E.R’ Algún día traballaremos xuntas” está encadrada dentro da Rede Galega de Teatros para verter trapos sucios nun espazo de ficción como é o teatro que pouco a pouco levará ao público a ocupar outro non menos ficticio. A realidade capaz de tapar infindas realidades.

Comentarios