O tráiler de Vivamos como galegos! chega á cidade con propostas para os visitantes

O tráiler de Vivamos como galegos! chega á cidade con propostas para os visitantes
El Ideal Gallego-2015-08-28-009-7007b651_1

Supermercados Gadis leva o tráiler coa exposición Vivamos como Galegos! á Coruña. Un verán máis, o vehículo está a realizar unha xira que o vai levar por toda Galicia propoñendo actividades aos veciños e visitantes de cada lugar. Hoxe, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, poderase ver a mostra no Parrote que permitirá aos visitantes lembrar os oito anos de historia da campaña, participar en diferentes actividades e levar agasallos.
Hai dous tipos de actividades propostas: o photocall onde os visitantes poderán tomar unha foto con imaxes de intrépidos bebés e o itinerario polo museo-exposición que recolle os oito anos de campañas publicitarias de Gadis.
Simplemente por subir ao escenario e facerse unha fotografía cos bebés, o visitante  leva coma premio unha camiseta exclusiva. Ademais as imaxes subiranse á web www.vivamoscomogalegos.com para que os participantes poidan verse. Todos os que participen no photocall entran tamén no sorteo diario de 15 entradas dobres para o Festival de la Luz que se vai celebrar en Boimorto. Haberá varios sorteos cada día. Para gañar os pases é preciso estar presentes.
A segunda das actividades que se propoñen é a visita ao museo que hai no interior do tráiler que contén unha exposición sobre os oito anos da campaña Vivamos como galegos! 
Os visitantes poderán escribir nos ordenadores da mostra os seus soños, xa que neste tráiler “soñar é obrigatorio”. Con todas esas arelas conformarase ‘O Gran Libro dos Soños’. Por participar nesta actividade pódese gañar un ‘pencebe’ dos cinco que se sortean a diario. 
Logo da súa parada na Coruña, o tráiler de Vivamos como galegos! seguirá de ruta recorrendo as principais localidades galegas.

O tráiler de Vivamos como galegos! chega á cidade con propostas para os visitantes

Te puede interesar